Antonio Fernández Alba
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de decembro de 1927 Salamanca, España |
Morte | 7 de maio de 2024 (96 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | San Carlos Borromeo cemetery (en) |
Educación | Universidade Politécnica de Madrid |
Actividade | |
Campo de traballo | Arquitectura |
Ocupación | arquitecto, profesor universitario |
Empregador | Universidade Politécnica de Madrid |
Membro de | |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios | |
Antonio Fernández Alba, nado en Salamanca o 17 de decembro de 1927 e finado en Madrid o 7 de maio de 2024, foi un arquitecto español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antonio Fernández Alba naceu en 1927 en Salamanca e dúas décadas despois trasladouse a Madrid. Na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid obtivo o título de arquitecto en 1957 e o grao de doutor en 1963. Foi profesor da mesma escola e catedrático de Elementos de Composición dende 1970. Durante a súa etapa universitaria foi membro do Grupo El Paso. Ó longo da súa traxectoria profesional ocupou numerosos cargos como:
- 1984-1987 Director do Instituto de Restauracións do Patrimonio Histórico Español.
- 1987-1990 Presidente do Padroado do Museo de Arte Contemporánea.
- 1989 Ingresou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando.
- 1996-1999 Membro do Padroado do Museo do Prado.
- 2004 Membro da Real Academia Española[1].
Obras destacadas
[editar | editar a fonte]- 1958-1962 Convento del Rollo, Salamanca, España.
- 1959-1961 Colexio Nuestra Señora Santa María, Madrid.
- 1962-1965 Colexio Monforte en Loeches, España.
- 1969-1970 Colexio Maior Hernán Cortés, Salamanca.
- 1974-1979 Escola de Arquitectura en Valladolid.
- 1976-1978 Restauración do Observatorio Astronómico no Cerro de San Blas, Madrid.
- 1980-1981 Remodelación do Pavillón Villanueva do Real Xardín Botánico de Madrid.
- 1980-1986 Restauración do Hospital Xeral para transformalo en Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid.
- 1982-1984 Edificio de Servizos Funerarios de Madrid (Tanatorio da M-30).
- 1990 Campus da Universidade Jaume I en Castelló.
- 1992 Anfiteatro no Parque de las Naciones, Madrid.
- 1996-2001 Restauración do Palacio Ducal en Pastrana.
- 2000 Centro de Investigacións Biolóxicas do CSIC en Madrid.
- 2001 Escola de Enxeñeiros de Camiños da Universidade de Castela-A Mancha en Cidade Real.
Obra escrita
[editar | editar a fonte]- Diseño, entre la teoría y la praxis.
- La crisis de la arquitectura contemporánea en España.
- Crónicas del espacio perdido.
- Domus Aurea. Diálogos en casa de Virgilio.
- La ciudad herida (2001).
Premios e galardóns
[editar | editar a fonte]- 1963 Premio Nacional de Arquitectura de España pola obra Convento del Rollo.
- Premio Nacional de Restauración concedido polo Observatorio astronómico de Madrid.
- 2002 Medalla de Ouro da Arquitectura.
- 2003 Premio Nacional de Arquitectura de España[2].
- 2004 Premio nacional ARPA 2004.
- 2007 Doutor Honoris Causa pola Universidade Politécnica de Cartagena (España).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Antonio Fernández Alba ingresa en la academia con un discurso sobre la ciudad en abc.es, 13 de marzo de 2006 (en castelán).
- ↑ Concesión do Premio Nacional de Arquitectura 2003 (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Antonio Fernadez Alba en santiagoamon.net (en castelán).
- Biografía en elmundo.es, 7 de marzo de 2005 (en castelán).
- Biografía e proxectos en soloarquitectura.com (en castelán).