Antonio Ferreira López
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de marzo de 1944 (80 anos) Lobios, España |
Alcalde de Lobios | |
1991 – 1995 – Benito Vázquez Vázquez → | |
Alcalde de Lobios | |
1987 – 1990 (moción de censura) | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Antonio Ferreira López, nado en Lobios 22 de marzo de 1944[1], é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estivo emigrado en Francia[2]. Xa retornado, nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Lobios e foi elixido alcalde grazas ao apoio de ADEI, CPG e CDS. Porén, a ruptura do pacto de goberno conduciu a unha moción de censura en novembro de 1990 na que os seus anteriores socios apoiaron como alcalde ao concelleiro de Centristas de Galicia Leandro Rodríguez[3]. Nas municipais de 1991 encabezou de novo a candidatura do PSdeG-PSOE e recuperou a alcaldía con maioría absoluta. Durante o seu mandato iniciouse o proxecto do Museo Numismático de Lobios.
Nas municipais de 1995 perdeu a alcaldía tras logra-lo PPdeG a maioría absoluta. Volveu encabeza-la candidatura do PSdeG nas municipais de 1999 mais non logrou recupera-la alcaldía, permanecendo como portavoz do grupo socialista na oposición ata o final do mandato en 2003, tralo cal se retirou da primeira liña política.
Predecesor: Antonio Veloso González |
Alcalde de Lobios 1987 - 1990 |
Sucesor: Leandro Rodríguez Rodríguez |
Predecesor: Leandro Rodríguez Rodríguez |
Alcalde de Lobios 1991 - 1995 |
Sucesor: Benito Vázquez Vázquez |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hoy cumplen años
- ↑ La Voz de Galicia, 6-11-1990, p.36.
- ↑ La Voz de Galicia, 4-11-1990, p.26.