Antonio Fontao Montenegro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1887 Asturias, España |
Morte | valor descoñecido 1950 |
Actividade | |
Ocupación | xastre, maquis |
Antonio Fontao Montenegro,[1] coñecido como París e Diógenes, nado en Asturias cara a 1887 e finado en 1950, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Francisco Fontao e Vicenta Montenegro. Xastre ambulante, e tamén dedicado á reparación de reloxos e máquinas de coser en Bandomil (Couto, Taboada). Foi xulgado por ameazas na Audiencia de Lugo en xullo de 1935.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Lugo o 10 de marzo de 1939. Xulgado en Lugo por rebelión militar na causa 767/38 con José Eiriz Fernández e Jesús Pereira Cuñarro, foi condenado a 12 anos de prisión. Cumpriu condena na Prisión Provincial de Lugo, de onde saíu en liberdade condicional o 8 de agosto de 1942.[3] En 1948 o xuíz de Chantada publicou unha requisitoria como procesado por homicidio no sumario 68/1948.[4] Foi novamente procesado na Causa 13/1949 de Vigo por agresion a forza armada. Finou en 1950.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nalgunhas fontes figura como Antonio Fontáns Montenegro
- ↑ El Pueblo Gallego, 24-7-1935, p. 2.
- ↑ BOE, 18-11-1942, p. 9352-9354.
- ↑ BOP Lugo, 27-8-1948, p. 2.