Antonio Fournerakis
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1897 Grecia |
Morte | 10 de xullo de 1937 (39/40 anos) A Coruña, España |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo |
Ideoloxía política | Anarquismo |
Actividade | |
Ocupación | político |
Antonio Fournerakis (ou Antonio Furnarakis), nado en Grecia en 1897 e finado na Coruña o 10 de xullo de 1937, foi un sindicalista anarquista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi directivo da Asociación Continental Americana de Trabajadores fundada en Buenos Aires en 1929. Foi expulsado da Arxentina e recalou na Coruña en 1933. Reorganizou a FAI coruñesa e formou parte do Grupo Editor de Brazo y Cerebro que chegou a dirixir. Abandonou a FAI por discrepancias internas no ano 1936.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado, intentando reorganizar os grupos anarquistas. O 10 de xullo de 1937 foi descuberto no asalto á casa de Alicia Dorado nas Atochas onde estaba agochado e asasinado pola Garda Civil.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Eliseo Fernández, "La FAI en Galicia". Germinal nº3 (2007) pp. 97-123" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 14 de marzo de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). Positivas, ed. O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela. p. 126. ISBN 84-87783-79-1.