Antonio Garrido Villazán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de novembro de 1855 A Coruña, España |
Morte | 4 de abril de 1928 (72 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | militar, escritor, xornalista, autor |
Membro de | |
Premios | |
Antonio Garrido Villazán, nado na Coruña o 2 de novembro de 1855 e finado en Madrid o 4 de abril de 1928, foi un militar, xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou o bacharelato, a carreira de Ciencias e fixo estudos musicais no conservatorio en París, onde residiu dende neno. Logo ampliou os seus estudos en Londres. Regresou a España en 1874 e ingresou na Academia de Cabalaría de Valladolid. Foi destinado ao Rexemento real do norte e finalizada a guerra cos carlistas, foi ascendido a tenente e recibiu a cruz vermella do mérito militar. Traballou no ministerio da Guerra e nos gabinetes de diversos ministros. Como secretario da comisión mixta das Academias de Historia e de San Fernando conseguiu que se catalogase toda a riqueza monumental e artística de España. Colaborou na creación da Cruz Vermella Española, o Teatro Nacional e o Círculo de Bellas Artes de Madrid.
Colaborou en La Ilustración Española y Americana, da que foi director; foi correspondente de Le Petit Parisien e Le Journal. Traduciu e adaptou La segunda mujer, a obra do dramaturgo inglés Arthur Wing Pinero que foi estreada no Teatro Español de Madrid en 1906. É autor de Tratado de geografía, Topografía militar, Notas estratégicas, Vocabulario español-francés-inglés-alemán e un Diccionario práctico.
Ingresou na Academia de Belas Artes de San Fernando en 1903, co discurso Influencia de la música como elemento social. Foi oficial da Academia de Francia e correspondente da Real Academia Galega. Foi galardoado coa cruz de Afonso XII.