Saltar ao contido

Antonio Iglesias Corral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Iglesias Corral
Biografía
Nacemento1900 Editar o valor en Wikidata
Présaras, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de agosto de 1938 Editar o valor en Wikidata (37/38 anos)
Portoscarros, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Vilasantar
1936 – 1936 (destitución)
← José Ares CarroSeverino Lagares Gundín → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 11980

Antonio Iglesias Corral, nado en Présaras (Vilasantar) en 1900 e asasinado en Miraz (Friol) o 15 de agosto de 1938, foi un político galego, último alcalde republicano de Vilasantar.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pouco despois da súa investidura como alcalde de Vilasantar estourou a Guerra civil española. Antonio Iglesias foi apartado do cargo e substituído por Severino Lagares Gundín.[2] O 15 de agosto de 1938 foi fusilado polo bando franquista en Portoscarros, na parroquia de Miraz (Friol).[3] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en xuño de 1938.[4]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

O 16 de agosto de 2017 a Deputación da Coruña recibiu os fillos de Antonio Iglesias Corral, como parte dunha serie de actos de homenaxe e recoñecemento das persoas represaliadas polo franquismo.[5][6]

  1. "Comezan as recepcións institucionais a familiares de cargos públicos represaliados". 8 de setembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2018. Consultado o 3 de setembro de 2018. 
  2. La Voz de Galicia, 18 de agosto de 1936. Páx. 5
  3. Antonio Iglesias Corral na base de datos do proxecto Nomes e voces.
  4. El Ideal Gallego, 10-6-1938, p. 3.
  5. "Goretti Sanmartín reúnese coa familia do alcalde de Vilasantar asasinado polo franquismo". 17 de agosto de 2017. Consultado o 3 de setembro de 2018. 
  6. "La Diputación recibe a los hijos del alcalde de Vilasantar asesinado en 1936" (en castelán). 17 de agosto de 2017. Consultado o 3 de setembro de 2018. 
Predecesor:
José Ares Carro
 
Alcalde de Vilasantar
 
1936
Sucesor:
Severino Lagares Gundín