Antonio Magariños
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de febreiro de 1907 Madrid, España |
Morte | 4 de abril de 1966 (59 anos) |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | académico, catedrático, latinista |
Premios | |
Antonio Magariños García, nado en Madrid o 4 de febreiro de 1907 e finado o 4 de abril de 1966, foi un profesor español. É coñecido por ser o fundador e primeiro presidente do CB Estudiantes de Madrid.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Madrid o 4 de febreiro de 1907. Foi o segundo dos tres fillos de Manuel Magariños Mera (madrileño fillo de emigrantes galegos) e de Ignacia García del Pozo.
Formouse na Universidade de Madrid antes da Guerra Civil e traballou no Instituto de Granada. Foi profesor de idiomas clásicos nas universidades de Madrid e Salamanca, onde obtivo a cátedra de lingua latina, sendo o número 1. Isto permitiulle ser profesor de latín no Instituto-Escola de Madrid.
Despois da guerra, decidiu dedicarse totalmente á educación secundaria e foi profesor de latín e xefe de estudos no Instituto Ramiro de Maeztu. Foi o fundador e primeiro presidente do Club de Baloncesto Estudiantes.[1] O Polideportivo Antonio Magariños, un pavillón que rende homenaxe ao profesor Magariños, foi fundado en 1966 e foi campo oficial do Estudiantes de 1971 a 1988 e do Atlético de Madrid de balonmán.[2] Dedicou gran parte da súa vida ao Instituto Ramiro de Maeztu, onde ademais de profesor de latín, foi xefe de Estudos, director accidental, director dos Internados, creador e primeiro director do Bacharelato Nocturno e profesor do Bacharelato Radiofónico.[3]
Morreu de insuficiencia cardíaca o 4 de abril de 1966.[1]
O seu ensino centrado no ensino da lingua latina, deixou unha ampla pegada en moitas xeracións que o recordan hoxe. No 50 aniversario da súa morte, celebrouse unha homenaxe á súa figura.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "50 años sin don Antonio Magariños" (en castelán). 4 de abril de 2016. Consultado o 11 de maio de 2021.
- ↑ Tello, Martín (27 de marzo de 2007). "Estudiantes crea un premio en honor de su fundador". As (en castelán). Consultado o 11 de maio de 2021.
- ↑ "Antonio Magariños García por Juan Manuel Magariños Ramón".
Obra
[editar | editar a fonte]- Desarrollo de la idea de Roma, 1952. CSIC. Madrid.