Saltar ao contido

Antonio Manuel Pérez Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Manuel Pérez
Biografía
Nacemento(es) Antonio Manuel Pérez Álvarez Editar o valor en Wikidata
1947 Editar o valor en Wikidata (76/77 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeGaliza, España; Estados Unidos de América
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid
INSEAD Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro, empresario Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1597654


Antonio Manuel Pérez Álvarez, nado en Vigo en 1947[1][2] é un empresario galego, cidadán estadounidense.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Educación e formación

[editar | editar a fonte]

O seu pai Antonio Pérez Vázquez (natural de Ribadavia) era un exportador de peixe no barrio pesqueiro do Berbés (Vigo). Debido ás duras condicións laborais da posguerra no Porto de Vigo,[Cómpre referencia] Antonio Manuel Pérez Álvarez decidiu non continuar co negocio familiar de exportación de peixe e decidiu estudar enxeñaría electrónica e economía na Universidade Politécnica de Madrid e en Francia, onde se licenciou. Posteriormente, obtivo un MBA polo INSEAD.[4]

Tamén en 2009 recibiu o doutoramento honoris causa pola Universidade de Rochester.[5]

Traxectoria emprendedora

[editar | editar a fonte]

Antonio Manuel Pérez Álvarez traballou como consultor independente para grandes empresas de investimento, prestando servizos de asesoramento sobre o efecto dos cambios tecnolóxicos nos mercados financeiros. Algúns dos seus cargos foron: Presidente e CEO de Gemplus International (de xuño de 2000 a decembro de 2001) e Director de Schering - Plough Corporation (de 2007 a novembro de 2009). Ademais, tamén pasou 25 anos en Hewlett Packard, onde foi vicepresidente corporativo e membro do consello de administración da compañía.[6]

Ao longo da súa traxectoria profesional, Antonio Manuel Pérez Álvarez desempeñou unha gran variedade de cargos relacionados coa investigación e desenvolvemento ( I+D+i ), vendas, fabricación, comercialización e xestión; tanto en Europa como nos Estados Unidos .

Etapa en Kodak

[editar | editar a fonte]

O 2 de abril de 2003 Antonio Manuel Pérez Álvarez foi nomeado presidente de Kodak. O 19 de maio de 2005, tamén foi nomeado CEO de Kodak tras a xubilación de Daniel Carp. O 1 de xaneiro de 2006 pasou a ser presidente do Consello de Administración da empresa.

Segundo declaracións de Antonio Manuel Pérez Álvarez unha vez incorporado á empresa Kodak, manifestou a súa intención de que a empresa se reinventase, centrándose nas impresoras e no software como novos obxectivos comerciais. A pesar deste cambio de negocio, baixo o seu liderado en 2005 o prezo das accións de Kodak baixou uns 25 dólares por acción, chegando incluso a menos de 1 dólar o 30 de setembro de 2011.[7] Ademais, o número de empregados de Kodak reduciuse a uns 7.000 en Rochester (onde ten a sede de Kodak).[8] [9]

Debido a estes reveses empresariais, Antonio Manuel Pérez Álvarez foi nomeado un dos peores presidentes de 2011 por diversas fontes de noticias financeiras, entre elas CNBC e The Motley Fool.

Debido a estes contratempos empresariais, Antonio Manuel tentou reactivar a empresa investindo miles de millóns nos dereitos de licenza de propiedade intelectual de Kodak, polo que os analistas financeiros advertiron de que Kodak estaba a gastar demasiado diñeiro, o que podería provocar unha situación de quebra.[10]

Bancarrota de Kodak
[editar | editar a fonte]

O 19 de xaneiro de 2012, Kodak anunciou oficialmente a quebra da compañía, aproveitando un proceso de quebra en virtude do cal a compañía tiña até febreiro de 2013 para ofrecer un plan de reestruturación financeira aceptábel. O analista financeiro Shannon Cross afirmou que o problema de Kodak era que os seus negocios principais non xeraran beneficios e que a compañía vivía das taxas de licenza de propiedade intelectual.

Durante as súas declaracións sobre o concurso de acredores, Antonio Manuel Pérez Álvarez asegurou que os seus esforzos de reestruturación se viron afectados pola recesión económica, que se freou debido ao crecemento de novos negocios e acelerou a crise da industria cinematográfica. Así mesmo, indicou que os obxectivos para a reestruturación empresarial inclúen a obtención de novo financiamento; ademais da venda dalgunhas patentes da empresa e o axuste de diversos gastos herdados (como as prestacións sanitarias para xubilados).

O 9 de febreiro de 2012, Kodak anunciou que deixará de fabricar cámaras dixitais, videocámaras e marcos dixitais.

Retorno aos beneficios en 2013 e reestruturación da empresa
[editar | editar a fonte]

Debido ás drásticas medidas de redución de persoal e ao feito de que a empresa conseguiu adaptarse de novo á era da fotografía dixital, Kodak conseguiu saír dela, sanear as súas contas, volver á senda dos beneficios en 2013[11] [12] [13] e mesmo lanzar unha convocatoria de emprego polo auxe das analóxicas en 2022.[14]

Premios, recoñecementos e polémicas

[editar | editar a fonte]

Antonio Manuel Pérez Álvarez recibiu o Premio Corporate Distinguished Achievement 2008 de B'nai B'rith International en recoñecemento ao seu traballo social e servizos humanitarios.

En 2009, recibiu o título honoris causa pola Universidade de Rochester ;[15] Nese mesmo ano tamén foi nomeado un dos 10 mellores CEOs, segundo o sitio web www.247wallst.com. [16]

Á marxe dos mencionados recoñecementos, Antonio Manuel Pérez tamén foi duramente criticado por ser un dos peores executivos dos Estados Unidos, debido á caída financeira que sufriu Kodak durante o seu mandato como presidente.

En febreiro de 2011 Antonio Manuel Pérez Álvarez foi nomeado membro do Consello de Emprego e Competitividade (Council on Jobs and Competitiveness), creado polo presidente Barack Obama.[17] [18] [19]

  1. "Antonio M. Perez" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2014. 
  2. ""Mr. Kodak" concluye su breve veraneo en Vigo" (en castelán). Consultado o 8 de abril de 2014. 
  3. "Kodak" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2014. 
  4. "La cámara-impresora que convierte fotos en secuencias diminutas". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2014. Consultado o 9 de abril de 2014. 
  5. "Antonio M. Perez" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2014. 
  6. "Forbes Perfil" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2012. Consultado o 9 de abril de 2014. 
  7. [Ligazón morta]
  8. "Kodak Hires Restructuring Lawyers" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2014. 
  9. "Pérez, el gallego que llegó más alto" (en inglés e castelán). Consultado o 9 de abril de 2014. 
  10. "CNBC Offers Top 5 Best and Worst CEO's of 2011" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2014. 
  11. "«Ser bueno en algo ya no vale para nada. Tienes que ser el mejor para sobrevivir»". Consultado o 9 de abril de 2014. 
  12. "ANTONIO M. PéREZ, DIRECTOR EJECUTIVO DE KODAK "Kodak se comportó con la cámara digital como Superman con la kriptonita"". Consultado o 9 de abril de 2014. 
  13. "Antonio Perez, Kodak CEO - Updates on Kodak's progress and focus on Commercial Imaging" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2014. 
  14. "¿Sabes revelar?: Kodak necesita contratar empleados tras el auge de las cámaras analógicas". ElHuffPost (en castelán). 2022-11-18. Consultado o 2022-11-18. 
  15. "Honorary Degree Recipients, 1851-present" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2014. Consultado o 9 de abril de 2014. 
  16. [Ligazón morta]
  17. "Members Perez" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de febrero de 2012. Consultado o 9 de abril de 2014. 
  18. "Un gallego, mago del empleo de Obama". Consultado o 9 de abril de 2014. 
  19. "Un vigués en el Consejo de Empleo de Obama". Consultado o 9 de abril de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]