Antonio Martínez López
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xuño de 1942 ![]() A Fonsagrada, España ![]() |
![]() | |
1981 – 1983 ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político ![]() |
Antonio Martínez López, nado na Fonsagrada o 14 de xuño de 1942, é un mestre e político galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre de profesión, dirixiu o Colexio Público de Ribadeo, actual CEIP Gregorio Sanz, en dous períodos. O primeiro, dende a súa posta en marcha en 1973 durante seis anos, e, despois de algo máis dun curso, volve á dirección ata que o deixa polo seu desexo dun inminente traslado ó IES Porta da Auga.
Durante un curto período foi xuíz substituto do distrito de Ribadeo, elixido entre unha terna proposta polo propio xulgado, despois de Agustín Gutiérrez. Dimitiu do cargo ó presentarse ás eleccións no ano 1979. Foi alcalde de Ribadeo como primeiro da lista da Candidatura Progresista Independiente entre 1981 e 1983, despois de, no mesmo mandato, dous alcaldes de UCD. Non se presentou á reelección.
A finais da década de 1970 foi cofundador da Asociación de veciños Ronsel á que se lle debe a existencia do nome de Alfredo Deaño no rueiro ribadense.[2] Foi cofundador tamén do Club de remo de Ribadeo, que marcou unha época de remo en bateis en Ribadeo.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Predecesor: José Fojo Barcia |
![]() Alcalde de Ribadeo 1981 - 1983 |
Sucesor: Jaime Vidaurrázaga Urbieta
|