Antonio Orejuela
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 2 de decembro de 1960 (64 anos) Madrid, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1983 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Antonio José Orejuela Rivero, nado en Madrid o 2 de decembro de 1960, é un exfutbolista español que xogaba como centrocampista.
Destacou especialmente no Mallorca e no Atlético de Madrid e disputou máis de 350 partidos como profesional, a maioría deles na Primeira División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nacido en Madrid, aos seis anos emigrou cos seus pais a Alemaña.[1] Comezou a súa carreira como futbolista nas filas do FSV Frankfurt, da segunda división. Regresou en 1983 ao seu país natal, onde fichou pola UD Salamanca, da Primeira División.[2] Debutou nun partido ante Osasuna e foi o máximo goleador do Salamanca na tempada 1983/84, na que o equipo acabou descendendo.[3]
A continuación pasou ao Mallorca, de Segunda División, club no que militou durante catro campañas, ascendendo na segunda delas á Primeira División. Xogou un total de 187 partidos co club balear, co que marcou 23 goles. Deixou o equipo tralo descenso a Segunda ao remate da tempada 1987/88,
Na campaña 1988/89 fichou polo Atlético de Madrid. Disputou 70 partidos nas súas dúas primeiras tempadas, pero as lesións afectárono nas tres seguintes, nas que contabilizou só 21 partidos. Gañou co equipo dúas Copas do Rei consecutivas, en 1991 e 1992, sendo titular na primeira das finais, contra un dos seus antigos equipos, o Mallorca.[4]
Na tempada 1993/94 vestiu a camiseta Rayo Vallecano, sen poder evitar o descenso a Segunda. Posteriormente pasou brevemente polo Granada e viviu unha segunda etapa no Mallorca, antes de pechar a súa carreira no Atlético Baleares en 1997.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]É curmán dos tamén exfutbolistas de Primeira División Diego e Jesús Orejuela.[1]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Atlético de Madrid
- Copa do Rei (2): 1990/91, 1991/92.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "24 horas en la vida de... Antonio Orejuela". Mundo Deportivo (en castelán). 15 de marzo de 1987. p. 29. Consultado o 31 de outubro de 2022.
- ↑ "Orejuela: el último inmigrante". Mundo Deportivo (en castelán). 20 de xuño de 1983. p. 13. Consultado o 31 de outubro de 2022.
- ↑ "Osasuna y Salamanca, tal para cual". Mundo Deportivo (en castelán). 5 de setembro de 1983. p. 13. Consultado o 31 de outubro de 2022.
- ↑ "El Mallorca, finalista ejemplar". Mundo Deportivo (en castelán). 30 de xuño de 1991. p. 6. Consultado o 31 de outubro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en fussballdaten.de (en alemán).
- Nados en Madrid
- Nados en 1960
- Futbolistas da Comunidade de Madrid
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores da UD Salamanca
- Xogadores do RCD Mallorca
- Xogadores do Atlético de Madrid
- Xogadores do Rayo Vallecano
- Xogadores do Granada CF
- Xogadores do CD Atlético Baleares
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21