Saltar ao contido

Antonio Pérez García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Pérez García
Biografía
Nacemento25 de febreiro de 1899 Editar o valor en Wikidata
Canaval, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de abril de 1965 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
A Habana, Cuba Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Sober
1936 – 1936 – Daniel Álvarez Carnero → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesRey Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 2420

Antonio Pérez García, coñecido como Rey, nado en Canaval (Sober) o 25 de febreiro de 1899 e finado na Habana o 5 de abril de 1965, foi un músico e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era dono da fábrica de cerámica de Canaval. Fixo estudos musicais no Conservatorio Nacional de Madrid, e aprobou a carreira de piano en só dous exames, obtendo Premio Especial. Dirixiu bandas e orquestras das provincias de Ourense e Lugo, entre elas a Banda de Música de Sober nos anos trinta. Na República militou no Partido Republicano Gallego e foi presidente do Comité Republicano-Agrario de Canaval. Foi alcalde de Sober co triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 logrou fuxir a Cuba disfrazado de cura coa falsa identidade de Antonio Rodríguez Álvarez. Foi xulgado por rebelión e declarado en rebeldía. En Cuba chegou a ser un respectado compositor e pianista.


Predecesor:
-
 
Alcalde de Sober
 
1936
Sucesor:
Daniel Álvarez Carnero

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]