Antonio Palmeiro Pérez
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de novembro de 1884 Mosteiro, España |
Morte | 25 de xullo de 1936 (51 anos) valor descoñecido |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | mestre, sindicalista |
Antonio María Palmeiro Pérez, nado en Mosteiro (Pol) o 26 de novembro de 1884 e finado o 25 de xullo de 1936,[1] foi un mestre e sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De ideas socialistas, fundou en Mosteiro a Sociedad de Trabajadores de la Tierra de Pol y sus Contornos, afiliada á UGT. Foi correspondente de La Voz de la Verdad e escribiu o folleto pedagóxico Didáctica modernista (1926). Mestre de Luaces, foi paseado.[1] O seu fillo José Palmeiro Valcarce, tamén mestre, que estaba facendo o servizo militar cando estalou a guerra, ao saber da morte do pai, desertou e volveu cun permiso, e tamén foi asasinado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Antonio Palmeiro Pérez na base de datos do proxecto Nomes e voces.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O engano familiar e a violación da liberdadearquivado do orixinal o 1 de xullo de 2013.