Antonio Peña Novo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de agosto de 1887 ![]() Vilalba, España ![]() |
Morte | 26 de agosto de 1969 ![]() Vilalba, España ![]() |
![]() | |
31 de decembro de 1934 – marzo de 1936 ← Jesús Ramil Cillero – Marcelino Martínez Castro → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | escritor, político ![]() |
Familia | |
Irmáns | Lois Peña Novo Plácido Peña Novo ![]() |
![]() |
Antonio Peña Novo, nado en Vilalba o 22 de agosto de 1887[1] e finado no mesmo concello o 26 de agosto de 1969, foi un avogado, escritor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu pai, Vicente Peña Rodríguez era un nome de negocios orixinario de San Sebastián de Devesos, Ortigueira, e que fixera fortuna na Habana;[1] a súa nai era María Novo Pardo, e tiveron 6 fillos: Dionisia, Carmen, o propio Antonio, Amparo, Plácido e Luís.[1]
Cursou estudos no seminario de Mondoñedo.[1] En 1911 editou o periódico El Ratón, e dende esa data colaborou na prensa local, en xornais de carácter anticaciquil e galeguista, con textos en prosa e verso. A partir de 1915 actuou en Vilalba como dinamizador cultural: participou na comisión creada para amañar a capela de san Roque; en 1918 foi un dos integrantes da Irmandade da Fala de Vilalba; promoveu sesións de cine e conferencias no Círculo de Artesáns.
A principios de 1930 participou na coalición Conjuncionista, unión de partidos de carácter liberal. Foi nomeado alcalde de Vilalba o 31 de decembro de 1934, permanecendo no cargo ata marzo de 1936. Finou en Vilalba o 26 de agosto de 1969.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]- Villalba en el siglo XIX, 2002.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1918 con Mercedes Rodríguez Prieto[4] e tiveron 3 fillas: Carmiña, Mercedes e Raquel.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Pombo, Xosé A. (13 de marzo de 2024). "Antonio Peña Novo, protagonista e cronista da historia de Vilalba". lavozdegalicia.es. Consultado o 18 de marzo de 2024.
- ↑ Necrolóxica en El Progreso, 27-8-1969, p. 4, 7.
- ↑ 3,0 3,1 Palacios, Xosé María (14 de marzo de 2023). "Muere Raquel Peña, maestra y miembro de una conocida familia de Vilalba". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 18 de marzo de 2024.
- ↑ Cora, José de (7 de setembro de 2022). "Antonio Peña Novo". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 18 de marzo de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Jesús Ramil Cillero |
![]() Alcalde de Vilalba 1934 - 1936 |
Sucesor: Marcelino Martínez Castro |