Saltar ao contido

Antonio Pichel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Antonio Pichel Lorenzo»)
Modelo:BiografíaAntonio Pichel
Nome orixinal(gl) Antonio Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1951 Editar o valor en Wikidata (72/73 anos)
Carballo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX931981 Bitraga: 551 BUSC: pichel-lorenzo-antonio

Antonio Pichel Lorenzo, nado en Carballo en 1951,[1] é un filólogo e tradutor galego.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación e docencia

[editar | editar a fonte]

Cursou estudos de bacharelato no Colexio Leus de Carballo. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica. Exerceu a docencia no ensino secundario e foi catedrático de francés na Coruña até a súa xubilación.

Formou parte do xurado examinador do Diplôme d´études de langue française, a cargo do Centre Français da Coruña, dependente da Universidade da Sorbona. Así mesmo, traballou uns anos como profesor no estranxeiro, en centros educativos como o Lycée Colbert de Thionville (1989), o Lycée Rousseau de Laval (1993), o Collège Maturin Règnier de Chartres (1995), o IUFM da Universidade de Chartres ou o Lycée Les Bourdonnières de Nantes (1998).

Tradución e labor ensaístico

[editar | editar a fonte]

No campo da tradución de empresa, colaborou con Axencias de Tradución de diferentes países, con traducións de tipo xurídico, económico, comercial e técnico.

Entre as obras literarias que traduciu do francés ao galego figuran o Diario íntimo de George Sand (Edicións Laiovento), Vermello e negro de Stendhal, Madame Bovary de Gustave Flaubert e 11 álbums da serie de banda deseñada Astérix, como Astérix o galo, Astérix gladiador ou Astérix en Hispania.[3]

Tamén se ocupou de traducir ao galego El Regionalismo de Alfredo Brañas Menéndez, previa adaptación do castelán do século XIX.[4][5]

Ten varias publicacións sobre Historia, Literatura e Lingua francesa.[6]

Colaborador coas revistas A Mariña e Esculca.

Obras traducidas

[editar | editar a fonte]
Ó galego
Ó castelán

Ensaio, investigación e material docente

[editar | editar a fonte]
  • Literatura Universal Contemporánea, VV. AA., 4 tomos (Baía Edicións, 2003-2004)[7]
  • Vocabulario Temático Ilustrado, VV. AA. (Editorial Galaxia, 1991)[8]
  • En torno ó vocabulario feudal no trobadorismo galego-Portugués (USC, 1986)[9]
  • Ficción Poética e Vocabulario Feudal na Lírica Trobadoresca galego-Portuguesa (Deputación da Coruña, 1987)[10]
  • Andaina 3. Literatura galega, B.U.P.-3º, VV. AA. (Bruño, 1989)
  • Prólogo á Viaxe ás Grañas do Sor, de Uxío Carré Alvarellos (Galaxia, 1993)
  1. Ficha do persoeiro Blog. 6/5/2017.
  2. Breve entrada sobre o autor. Blog. 12/7/2016.
  3. "Antonio Pichel Lorenzo". Bitraga. Archived from the original on 10-02-2018. Consultado o 4-7-2020. 
  4. Cameán Vázquez, José Manuel (24-1-2019). "TRABALLO DE ANTONIO PICHEL QUE TRADUCIU O LIBRO ” O REXIONALISMO”". padroadoalfredobranascarballo.home.blog. Consultado o 4-7-2020. 
  5. "O Rexionalismo : estudo sociolóxico, histórico e literario". worldcat.org. Consultado o 4-7-2020. 
  6. "Antonio Pichel Lorenzo". www.blogoteca.com. 17-12-2017. Consultado o 4-7-2020. 
  7. Ficha Arquivado 06 de xullo de 2020 en Wayback Machine. de Aurora Bermúdez Cano na páxina web de Bahía.
  8. Ficha da obra en Galaxia.
  9. Ficha en opacmeiga.rbgalicia.org.
  10. https://www.gallaecialibros.com/detalle_producto.php?len=2&id=9969 Ficha] da obra.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]