Astérix o Galo
Astérix o Galo | |
---|---|
Título orixinal | Astérix le Gaulois |
Autor/a | René Goscinny |
Ilustrador/a | Albert Uderzo |
Cuberta | Albert Uderzo |
Orixe | Francia |
Lingua | francés |
Colección | Astérix |
Xénero(s) | Banda deseñada |
Editorial | Dargaud Mas-Ivars |
Data de pub. | 1961 1977 |
Formato | Tapas duras |
Páxinas | 48 |
ISBN | ISBN 978-84-216-8535-8 |
Seguido por | O fouciño de ouro |
Premios | |
Tradución | Eduardo Blanco Amor (1977) Antonio Pichel (1996) Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto (2010) |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Astérix o Galo[1][2] (en francés: Astérix le Gaulois) é o primeiro volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración). Prepublicado na revista Pilote no n°1 (29 de outubro de 1959) e no n°38 (14 de xullo de 1960) e publicado como álbum en outubro de 1961.[3]
Foi traducido ó galego por Eduardo Blanco Amor en 1977.[1][4][5][6] En 1996 publicouse de novo da man de Editorial Galaxia, con tradución de Antonio Pichel Lorenzo.[7] En novembro de 2010 publicouse unha nova tradución de Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto pola Editorial Salvat.[8][9]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Xa conquistada a Galia polos romanos, hai unha aldea que resiste grazas a que os seus habitantes empregan unha beberaxe máxica que lles dá unha forza sobrehumana. Ao saberen o segredo da resistencia, os lexionarios dun campamento achegado á aldea capturan o vello druída que prepara a apócema, e o guerreiro principal do poboado vai rescatar o ancián.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Astérix – Guerreiro galo, heroe das aventuras.
- Obélix – Repartidor de menhires. Amigo de Astérix.
- Panorámix – Druída da aldea. Fabrica a apócema máxica.
- Abraracúrcix – xefe da tribo gala.
- Asurancetúrix – Bardo da aldea.
- Caius Bonus – Centurión romano a cargo do campamento en Petibónum.
- Marcus Sacapus - Segundo xefe romano, axudante de Caius Bonus.
- Calígula Minus - Lexionario romano que fai de espía na aldea gala.
- Xulio César – Emperador do Imperio Romano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Astérix o galo. Traducido por Eduardo Blanco Amor (1ª ed.). Valencia: Mas-Ivars. 1977. ISBN 84-85146-61-1 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ Culturagalega.gal (ed.). "Banda deseñada - Astérix o galo". Consultado o 18 de abril de 2018.
- ↑ Bernard de Choisy, Uderzo-Storix, Jean-Claude Lattès, 1991, p.154
- ↑ "El BNG reclama la traducción al gallego de los tebeos de Astérix", El País, 16 de agosto de 2007 (en castelán).
- ↑ "40 anos de Astérix en galego", GCiencia, 5 de xaneiro de 2016.
- ↑ "O novo de Astérix, en galego o 19 de outubro da man de Xerais" Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine., Edicións Xerais, 13 de outubro de 2017.
- ↑ Astérix o galo. Traducido por Antonio Pichel (1ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. 1996. ISBN 84-8288-080-2 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ Astérix o galo. Traducido por Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto (1ª ed.). Editorial Salvat. 2010. ISBN 978-84-216-8535-8 – vía Biblioteca da Tradución Galega.
- ↑ "Astérix fala galego desde 1976". Sermos Galiza. 31 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019.