Saltar ao contido

Xavier Senín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXavier Senín

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de maio de 1949 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Pontecesures, España Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalFiloloxía Moderna
Actividade
Ocupacióntradutor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoTradución
Premios

BNE: XX849867 AELG: 88 BUSC: senin-xavier-1949

Francisco Xavier Senín Fernández, nado en Pontecesures o 13 de maio de 1949, é un tradutor galego. A Real Academia Galega nomeouno académico correspondente en outubro de 2020[1]. Ese mesmo ano recibiu o Premio Nacional á Obra dun Tradutor de mans do Ministerio de Cultura de España, o máximo galardón a nivel estatal[2].

[O xurado quixo recoñecer a Francisco Xavier Senín Fernández co Premio Nacional á Obra dun Tradutor] "pola súa dilatada obra como tradutor ao galego, a partir de obras de gran variedade temática e tipolóxica, que abrangue dende clásicos como O Quixote, a libros de literatura infantil e xuvenil, cómic e obras pertencentes a diferentes xéneros literarios. As súas traducións salientan pola súa calidade e meticulosidade, nas que amosa un coñecemento pouco común das variedades diatópicas, diastráticas e diafásicas do galego. (...) Destaca tamén o seu traballo para o fomento da tradución ao galego".
Acta do xurado reproducida polo Servizo de Prensa da Moncloa[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É licenciado en Filoloxía Moderna na rama de francés, e ten a cátedra de bacharelato. Ocupou distintos cargos na Asociación de Tradutores Galegos desde a súa creación. Foi profesor colaborador do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria para impartir cursos de lingua galega. Foi corrector lingüístico para a Editorial Galaxia entre 1985 e 1987, así como coordinador de libros de texto.

Foi director xeral do Libro da Xunta de Galicia durante a etapa do tripartito e máis tarde durante os distintos gobernos do Partido Popular. Na actualidade está xubilado, mais desempeñou o seu labor docente sobre todo como profesor de francés en Santiago de Compostela. Escribiu durante anos, con periodicidade semanal, unha columna para O Correo Galego. En 2010 foi, canda Manuel Bragado ou Marilar Aleixandre, un dos sete membros do comité de dirección do Congreso Internacional de IBBY celebrado en Santiago de Compostela[4].

... lembramos con especial admiración a súa etapa como subdirector xeral do Libro na Xunta de Galicia, primeiro durante os anos do chamado goberno tripartito (1987-1990) e despois en sucesivos gobernos do Partido Popular, e durante un ano, no de coalición PSOE-BNG, mostra da súa capacidade de arbitraxe, do seu talante integrador e da súa competencia (autorictas) profesional.
Proemio de Víctor Freixanes para a 1ª edición de O alfaiate portugués (Galaxia, 2016).
Os tradutores Xavier Senín (no centro) e Isabel Soto, xunto co editor Alejandro Tobar, durante a presentación da tradución de Locus Solus (Editorial Hugin e Munin) en Cambados.

Como tradutor, ten no seu haber numerosas traducións, principalmente do francés e o castelán para o galego. Por exemplo, os libros franceses A Clase de François Bégaudeau ou Mal de escola de Daniel Pennac ou Onde o aire non era brisa de María Victoria Moreno. Cómpre salientar que decote traduce conxuntamente con Isabel Soto[5].

Literatura infanto-xuvenil

[editar | editar a fonte]
  • O galo Quirico, adaptación do autor, 2009, Galaxia.
  • Novo amor en Arousa, 2009, Pío García Edicións.
  • O soldadiño de chumbo, de Hans Christian Andersen, 2010, Galaxia. Adaptación do autor.

Traducións

[editar | editar a fonte]
  • O que o vento nos conta de Waldemar Daae, de Hans Christian Andersen, 1983, Argos Vergara.
  • Os zarramplíns, de Sergio Balestrini, 1983, Galaxia.
  • ¡Adeus, boa viaxe!, de Marta Balaguer, 1984, Arcos Vergara.
  • As babuchas enmeigadas, conto de As mil e unha noites, adaptado por Francesc Boada, 1984, Galaxia.
  • Contos de cores, de Joles Sennell, 1984, Argos Vergara.
  • Os dentes do león, de Mercé Company, 1984, Argos Vergara.
  • O globo, de J. J. Guillén, 1984, Argos Vergara.
  • Guillermo Tell: lenda suíza, adaptado por M. Ángels Gardella, 1984, Galaxia.
  • Hil-Lady, de Ricardo Alcántara, 1984, Argos Vergara.
  • A oca de ouro, dos irmáns Grimm, 1984, Galaxia.
  • Pandolfi na grande cidade, de Francesc d'Assis Sales, 1984, Argos Vergara.
  • A raiña dos peixes, de Gérard de Nerval, 1984, Argos Vergara.
  • A serpe branca, dos irmáns Grimm, 1984, Galaxia.
  • Unha tarde no mar, de Joaquim Ruyra, 1984, Argos Vergara.
  • Os tres pretendentes, de Fernán Caballero, 1984, Galaxia.
  • A viaxe de Ruteazul, de Laura Medina, 1984, Galaxia.
  • O xigante-máis-alto xoga á pelota, de Joma, 1984, Argos Vergara.
  • O dragón das catro cabezas, de Antoniorrobles, 1985, Galaxia.
  • Segredos de abanos, de Joan Manuel Gisbert, 1985, Argos Vergara.
  • A traxedia de Romeo e Xulieta, segundo a obra de William Shakespeare, versión de José Luis Gímenez Frontín, 1985, Argos.
  • As ratas na escola, de M. Dolors Alibés i Riera, 1986, Galaxia.
  • As aventuras de Roi e Martiño, de Antonio Cuadrench, 1987, Galaxia.
  • O explorador e a mona, de Pako Sagarzazu, 1987, Galaxia.
  • A ovella negra, de Roser Capdevila, 1991, Galaxia.
  • Polgariño, dos irmáns Grimm, 1991, Galaxia.
  • O anel perdido, un xogo divertido, de Enrique Páez, 1992, Bruño.
  • A infancia de Martiño Piñeiro, de Juan Farias, 1992, Bruño.
  • Os robots, de Suzanne Martel, 1995, Bruño.
  • Crónicas de media tarde, de Juan Farias, 1997, Everest Galicia.
  • Ismael, que foi mariñeiro, de Juan Farias, 2000, Everest Galicia.
  • Os perfectos, de Rodrigo Muñoz Avia, 2007, Rodeira.
  • Angelica, de Lygia Bojunga Nunes, 2008, S. M.
  • Tres rosas de Madame d'Aulnoy, 2009, Novelúa.
  • Relatos de monstros, Steven Zorna, 2012, Vicens Vives.
  • Pescador de Islandia, de Pierre Loti, 2014, Hugin e Munin.
  • Contos do luns, de Alphonse Daudet, 2014, BIVIR.
  • No ceo, de Octave Mirbeau, 2015, Hugin e Munin.
  • Unha desolación, de Yasmina Reza, 2016, Hugin e Munin.
  • As damas verdes, de George Sand, 2016, Hugin e Munin.
  • Ourika, de Claire de Duras, 2019, Hugin e Munin.
  • De libros e viaxes. Dous contos franceses[6], de Gustave Flaubert e Guy de Maupassant, 2019, Novelúa.
  • O home das bonecas, de Jean-Louis Renaud, 2020, Hugin e Munin.
  • Thérèse Desqueyroux, de François Mauriac, 2021, Hugin e Munin.
  • As gratitudes, de Delphine de Vigan, 2023, Hugin e Munin.

Traducións en colaboración

[editar | editar a fonte]

Edicións

[editar | editar a fonte]

Outras obras

[editar | editar a fonte]
  1. O pleno da Academia nomea a Xavier Senín membro correspondente, RAG, 3 de outubro de 2020.
  2. Francisco Xavier Senín, ‘Premio Nacional’ pola súa traxectoria de tradución ao galego, Nós Diario, 11 de novembro de 2020.
  3. Francisco Xavier Senín Fernández e Isabel García Adánez, Premio Nacional a la Obra de un Traductor 2020 y Premio Nacional a la Mejor Traducción 2020 respectivamente, Lamoncloa.gob.es (en castelán).
  4. Composición do comité Arquivado 25 de marzo de 2012 en Wayback Machine. en ibbycompostela2010.org
  5. Astérix volverá falar galego da man de Xerais, nova en Praza Pública o 23 de agosto de 2013.
  6. Conformado por dous relatos: "Bibliomanía" ("Bibliomanie", 1837) de Flaubert e "De viaxe" ("En voyage", 1882) de Maupassant. Dep. Legal: C 1819-2019.
  7. Ficha Arquivado 24 de setembro de 2019 en Wayback Machine. na web da editorial.
  8. Ficha da obra Arquivado 23 de outubro de 2017 en Wayback Machine. na páxina da editorial.
  9. Informe de Literatura 2008 no CIRP, páxina 1535. Extracto da recensión de Paula Fdez. “Desde A Odisea”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º 231, “Infantil/Xuvenil”, 10 xaneiro 2008, p. VII.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]