Saltar ao contido

Astérix e a residencia dos deuses

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Astérix e a residencia dos deuses
Ficha técnica
Título orixinalAstérix : Le Domaine des dieux
Director
Produtor
GuiónAlexandre Astier
Baseado enLe Domaine des Dieux
MúsicaPhilippe Rombi
MontaxeSoline Guyonneau
Estudio
DistribuidoraSND Films
EstreaFrancia 26 de novembro de 2014
Galicia 21 de decembro de 2020 (tvG2)
Duración85 minutos
Orixe Francia
Bélxica Bélxica
XéneroAnimación
Orzamento31 millóns de dólares[1]
Recadación51,3 millóns de dólares[2]
Na rede
http://www.asterix.com/asterix-et-le-domaine-des-dieux-le-film/
IMDB: tt3759416 Filmaffinity: 601359 Allocine: 187191 Rottentomatoes: m/asterix_and_obelix_mansion_of_the_gods Allmovie: v593583 Editar o valor en Wikidata

Astérix e a residencia dos deuses (en inglés: Astérix : Le Domaine des dieux) é un filme franco-belga de animación de 2014 escrito e dirixido por Alexandre Astier. Baséase no libro de banda deseñada Le Domaine des Dieux da serie Astérix creada por Goscinny e Uderzo. O filme conta coas voces orixinais en francés de Roger Carel, Guillaume Briat, Lionnel Astier, Serge Papagalli e Florence Foresti. O argumento do filme cínguese ó do libro de maneira moi exacta, mais tamén expande a historia.[3] Foi o primeiro filme de Astérix feito en animación 3D.[4]

Estreouse en galego o 21 de decembro de 2020 a través da tvG2.[5]

  1. "Astérix: Le domaine des dieux (2014)". Nash Information Services. 
  2. "Astérix: Le domaine des dieux (2014) - Financial Information". The Numbers. Consultado o 29 de agosto de 2018. 
  3. "Astérix – Le Domaine des Dieux". AlloCiné (en francés). Consultado o 23 de outubro de 2014. 
  4. Beck, Jerry (26 de maio de 2015). "TRAILER: "Asterix: The Mansions Of The Gods"". Indiewire. Consultado o 24 de outubro de 2015. 
  5. Versión en galego (ed.). "Astérix e a residencia dos deuses na tvG2". Consultado o 30 de xuño de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]