Antonio Porrúa
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX valor descoñecido |
Morte | 3 de marzo de 1893 Corcubión, España |
Alcalde de Corcubión | |
10 de abril de 1863 – 6 de xaneiro de 1865 | |
Actividade | |
Ocupación | médico, político, xornalista |
Antonio Porrúa Rodriguez, finado en Corcubión o 3 de marzo de 1893, foi un médico, político e xornalista galego.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Médico da cadea do partido xudicial de Corcubión e dende 1863 médico de Beneficencia Municipal. Foi elixido alcalde de Corcubión o 10 de abril de 1863 e permaneceu no cargo ata o 6 de xaneiro de 1865. En 1887 foi nomeado director de Sanidade Marítima do Porto. En 1890 publicou o periódico El Adelanto xunto a Jerónimo Figueroa Domenech.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Comendador ordinario da Real Orde de Isabel a Católica, 1871.
- Ingresou na Orde Civil de Beneficencia con cruz de primeira clase en 1881.