Antonio Seisdedos Varela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de novembro de 1929 (95 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | futbolista |
Deporte | fútbol |
Posición de xogo | Lateral, extremo |
Antonio Seisdedos Varela, nado na Coruña o 27 de novembro de 1929, é un exfutbolista galego, que xogaba como extremo e como lateral esquerdo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado na Coruña, comezou xogando nos Salesianos, pasando logo ao Victoria.[1] Máis tarde fichou polo Bergantiños, da Serie A galega, e posteriormente polo Berbés, da Terceira División, nunha época na que xogaba habitualmente como extremo.[2][3] Co equipo vigués debutou na Copa do Xeneralísimo, disputando a primeira rolda da edición 1948/49.[4]
A continuación foi destinado ao norte de África para realizar o servizo militar, e alí fichou polo Atlético Tetuán, que por aquel entón militaba na Segunda División española, ao ser Tetuán parte do Protectorado Español de Marrocos.[5] Debutou na categoría de prata nun encontro fronte ao Melilla e durante esa tempada comezou a xogar tamén como lateral esquerdo.[6] Rematou a campaña como campión, ascendendo así a Primeira División. Debutou na máxima categoría o 14 de outubro de 1951, nun partido contra o Las Palmas no estadio Insular. Non puido lograr a permanencia e despediuse do club marroquí cun total de 38 partidos.
Na tempada 1952/53 xogou cedido no Algeciras, e en maio de 1953 asinou co Sevilla, da Primeira División.[7] Militou dous anos no club andaluz, tendo como adestrador ao arxentino Helenio Herrera, e en 1955 fichou polo Cádiz, de Segunda. Posteriormente xogou de novo no Algeciras, e tamén no Cartagena.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Atlético Tetuán
- Segunda División (1): 1950/51.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Un coruñés en el At. Tetuán". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de outubro de 1950. p. 5.
- ↑ "Arenal, 1 - Bergantiños, 1". El Correo Gallego (en castelán) (23702). 30 de marzo de 1948. p. 4. Consultado o 6 de febreiro de 2022.
- ↑ "El subcampeón en Santa Isabel". La Noche (en castelán) (8584). 11 de novembro de 1948. p. 3. Consultado o 6 de febreiro de 2022.
- ↑ "En las primeras eliminatorias de Copa, vencen Juvenil, Lucense, Arosa y Pontevedra". El Pueblo Gallego (en castelán) (7856). 7 de setembro de 1948. p. 4. Consultado o 6 de febreiro de 2022.
- ↑ G. Luengo, J. M. (19 de xullo de 1951). "Seisdedos jugará ahora en Primera División". El Pueblo Gallego (en castelán) (4242). p. 3. Consultado o 6 de febreiro de 2022.
- ↑ "Tetuán, 0; Melilla, 1". La Noche (en castelán) (9201). 27 de novembro de 1950. p. 3. Consultado o 6 de febreiro de 2022.
- ↑ "Seisdedos fichó por el Sevilla". El Pueblo Gallego (en castelán) (9733). 17 de maio de 1953. p. 8. Consultado o 6 de febreiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).