Antonio Toledo Quintela
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xullo de 1854 ![]() As Somozas, España ![]() |
Morte | 16 de abril de 1885 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | teólogo, xornalista ![]() |
![]() |
Antonio Toledo Quintela, nado nas Somozas o 11 de xullo de 1854 e finado en Santiago de Compostela o 16 de abril de 1885, foi un teólogo e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no Seminario de Santiago de Compostela. Doutorouse en Filosofía e Letras en Compostela (1874) e en Dereito en Madrid (1878). Foi profesor auxiliar da Facultade de Letras e da de Dereito da USC (1881). Fundou e dirixiu o periódico El Porvenir (1875) e cando pechou este El Libredón (1881). Foi Vicesecretario da Sociedade Económica de Amigos do País.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Carmen Pérez Torreiro, filla de Antonio Pérez Dávila.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pedret Casado, Paulino (7-7-1954). "El centenario de un profesor insigne y malogrado de nuestra Universidad. Don Antonio Toledo Quintela". La Noche (en castelán).