Antonio Villaverde Hermida
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1906 ![]() Cerponzóns, España ![]() |
Morte | 28 de novembro de 1936 ![]() A Caeira, España ![]() |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político, chofer ![]() |
![]() |
Antonio Villaverde Hermida, nado en Cerponzóns (Pontevedra) cara a 1906 e finado na Caeira (Poio) o 28 de novembro de 1936, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veciño de Bueu, onde traballaba como chofer dunha camioneta de transporte de mercancías entre Pontevedra e Bueu ou Cangas. Vogal da secretaría de propaganda das Juventudes Socialistas Unificadas. Foi detido en setembro de 1935 por orde da Subdelegación Marítima de Marín.[1]
Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba alistado como soldado na 2ª compañía do Batallón de Voluntarios de Pontevedra. O 21 de agosto foi detido logo dun permiso do xefe do batallón. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra o 17 de novembro,[2] foi condenado a pena de morte por un delito de rebelión coa agravante de perversidade debido a “su destacada actuación revolucionaria y de sus antecedentes”. Ademais foi condenado a abonar ao Estado 25.000 pesetas en concepto de responsabilidade civil. Foi fusilado na Caeira ás sete da mañá do 28 de novembro.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Álvarez Castro, Xosé (6/4/2020). "Contra o esquecemento: Antonio Villaverde Hermida" Pontevedra nos anos do medo.