Antonio de Nebrija
![]() Retrato de Nebrija. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Antonio Martínez de Cala e Hinojosa ![]() 1441 Lebrija |
Morte | 5 de xullo de 1522 Alcalá de Henares |
Datos persoais | |
Outros nomes | Elio Antonio de Nebrija ![]() |
Residencia | Lebrija Boloña Salamanca Alcalá de Henares ![]() |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Salamanca Universidade de Boloña ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Lingüística ![]() |
Ocupación | Humanista |
Empregador | Universidade de Salamanca Universidade de Alcalá (histórica) (pt) ![]() Universidade de Boloña ![]() |
Profesores | Petrus Martinez de Osma (en) ![]() ![]() |
Alumnos | André de Resende e Cristóbal Escobar (en) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua italiana, lingua latina, castelán medieval e lingua castelá ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia![]() | |
Fillos | Francisca de Nebrija (pt) ![]() ![]() |
![]() |
Antonio Martínez de Cala e Hinojosa, coñecido como Elio Antonio de Nebrija[1], nado en Lebrija en 1441 e finado en Alcalá de Henares o 5 de xullo de 1522,[2] foi un humanista andaluz do século XV.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b1/Juan_de_Z%C3%BA%C3%B1iga_dibujo_con_orla.jpg/220px-Juan_de_Z%C3%BA%C3%B1iga_dibujo_con_orla.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c4/Antonio_de_Nebrija_%281517%29_Reglas_de_orthographia_en_la_lengua_castellana.png/220px-Antonio_de_Nebrija_%281517%29_Reglas_de_orthographia_en_la_lengua_castellana.png)
Elio Antonio naceu na poboación sevillana de Lebrija no ano 1441. Despois de realizar os seus estudos preparatorios ingresou na universidade de Salamanca, a máis notoria da Coroa de Castela, na que realizou estudos de Humanidades. En 1463 foise para Boloña, Italia, a fin de ampliar a súa formación. Regresou ao cabo duns sete anos, e foi profesor, primeiro en Sevilla, e logo en Salamanca. Nesta altura xa publicara os seus primeiros traballos sobre a lingua latina, nun latín elegante, que o encheu de sona, non só en España, senón en toda Europa. Chamado polo cardeal Cisneros, en 1490, Nebrija acudiu a Alcalá de Henares, onde aquel o puxo a fronte da revisión das traducións grega e latina da monumental edición da Biblia Políglota, labor que rematou en 1502.
A Gramática Castelá de 1492[editar | editar a fonte]
Antes, en 1492, publicou a Gramática de la Lengua Castellana, que dedicou aos Reis Católicos, na que aparecía a famosa frase, premonitoria, "a lingua sempre foi compañeira do Imperio", aínda que posibelmente Nebrija pensaba no Imperio Romano e outros da Antigüidade, antes que no castelán como lingua imperial. E, sen dúbida, era consciente do aboiar das linguas romances desde o Rinascimento italiano, pois non en van o seu texto ía redactado en castelán. Como for, o caso é que Nebrija innovaba coa súa Gramática e adiantaba ao castelán nas investigacións modernas sobre a lingua (basta comparar as datas das modernas gramáticas nas diversas linguas europeas). Por desgraza, segundo foron pasando os anos do século XVI, os estudos humanísticos españois deixaron de ser avanzados, e a Ciencia en xeral declinou.
Últimos anos[editar | editar a fonte]
En 1509, foi nomeado cronista da corte, ao tempo que regresou á universidade salmantina. Mais en 1513, volveu para Alcalá de Henares, e alí faleceu Nebrija en 1522.
Obras principais[editar | editar a fonte]
- Introductiones in latinam grammaticam (1481).
- Gramática de la Lengua Castellana (1492).
- Dictionarium Latinum-Hispanicum et Hispanicum-Latinum (1492-1495), en dous volumes.
- Elegancias romanzadas (1500).
- Reglas de Ortografía Española (1517).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ O seu pseudónimo está baseado no topónimo da súa cidade, como era costume de moitos humanistas da época. A forma latina era Aelius Antonius Nebrissensis, pois Nebrissa era o nome romano de Lebrija ou Nebrija, como tamén se dicía na época (ou para ser máis precisos Nebrixa).
- ↑ El Mundo, ed. (1996). Enciclopedia Universal de la Cultura A~Z El Mundo (en castelán). Barcelona. p. 652.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antonio de Nebrija ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Gramática castellana (Biblioteca Nacional de España)
- Antonio de Nebrija (Biblioteca Nacional de España)
![]() |
A Galicitas posúe citas sobre: Antonio de Nebrija |