Antonio de San Martín
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xuño de 1841 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 4 de agosto de 1887 ![]() A Coruña, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, novelista ![]() |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:San Martín (Antonio de), p.412) ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Antonio de San Martín, nado na Coruña o 13 de xuño de 1841 e finado o 4 de agosto de 1887, foi un escritor galego en lingua castelá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De ideoloxía progresista, foi autor dalgunhas poesías (Colección de poesías de D. Antonio de San Martín) e de máis de duascentas novelas folletinescas de inspiración histórica. Dominan as dualidades morais ao Pérez Escrich e os tópicos deste tipo de obras: as frases cortadas para gañar espazo, os tópicos metafóricos, o paisaxismo exótico, o emprego de adxectivos comúns etcétera. Destacan as cinco novelas que dedicou a Francisco de Quevedo, a cuxa lectura era moi afeccionado: Aventuras de don Francisco de Quevedo (1883-1884). Colaborou en El Defensor de Galicia e El Brigantino.
Obras (selección)
[editar | editar a fonte]- Lamentos del corazón (1860).[1]
- Venció el amor al orgullo' (1864).[2]
- Horrores del feudalismo: la torre de los vampiros (1871).
- El enano de la venta (1873).[3]
- La ciudad del sueño. Viaje al interior de Marruecos (1873).
- La Edad del Hierro (1874).
- La sacerdotisa de Vesta (1874).
- Pompeya, la ciudad desenterrada (1874).
- El asesino fantasma (1874).
- Nerón (1875).
- La esposa enterrada en vida (1876).
- Los misterios de la calle de Panaderos (1880).
- Desde la timba al timo. Novela original de malas costumbres contemporáneas, consecuencia de los vicios en la sociedad (1880).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lamentos del corazón en Galiciana.
- ↑ Venció el amor al orgullo en Galiciana.
- ↑ El enano de la venta en Galiciana.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 310-312.