Antoon De Roo
Nome orixinal | Antoon Emeric Marcel De Roo |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de agosto de 1936 Roeselare, Flandres Occidental (Bélxica) |
Morte | 25 de febreiro de 1971 |
Formación profesional | Licenciado en Bioloxía |
Educación | Universidade Católica de Lovaina |
Actividade | |
Ocupación | ornitólogo |
Antoon Emeric Marcel De Roo, nado o 26 de agosto de 1936 en Roeselare, provincia de Flandres Occidental, e finado o 25 de febreiro de 1971, foi un ornitólogo belga que estudou aves africanas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De Roo xa estaba cientificamente activo antes de recibir a súa licenciatura en bioloxía na Katholieke Universiteit te Leuven (Universidade Católica de Lovaina) en 1959. Xunto co seu amigo Paul Houwen observou durante a súa época de estudante as colonias de aves de Roeselare. En 1954 converteuse en membro do Centro belga de aves, onde se centrou principalmente na marcaxe, medición e exame das aves do grupo das salanganas.
De Roo estudou as aves do "Musée Royal de l'Afrique Centrale" de Tervuren, municipio belga da provincia do Brabante Flamengo.[1]
En 1967, De Roo describiu e nomeou a especie Chlorocichla prigoginei,[2] unha paseriforme da familia dos picnonótidos,[3] endémica do leste da República Democrática do Congo.[4]
Así mesmo, en 1968 tamén describiu o deu o nome ao xénero da familia dos apódidos Schoutedenapus,[5] da tribo dos colocaliinos.
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura De Roo emprégase para recoñecer a Antoon De Roo como autoridade na descrición e taxonomía en Zooloxía.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Antoon De Roo |