Antuca
Unha antuca,[1] tamén denominada parasol,[2] é un utensilio portátil ou unha estrutura fixa ou plegable para dar sombra. É usada para protexerse do sol, por exemplo en praias ou piscinas exteriores. A diferenza do paraugas, pensado para protexerse da choiva, non ten porque ser impermeable.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi deseñada a partir do mesmo principio que o do paraugas e desenvolvida fai aproximadamente 4.000 anos pola civilización chinesa onde tamén se creou o paraugas. Dende alí estendeuse a Persia, Exipto e Grecia; e foi aí mesmo onde, dende o século IX, as antucas comezaron a ser de uso exclusivo das clases nobres.[3]
Materiais
[editar | editar a fonte]Antes, eran fabricadas con tecidos lixeiros e finos, a miúdo con encaixe; hoxe en día, na súa maioría, son fabricadas con materiais plásticos.
As antucas de hoxe en día fabrícanse nunha gran variedade de materiais. Para os armazóns das antucas o material máis utilizado é o aluminio pola súa lixeireza e dureza. Porén non é o único material para os armazóns, tamén se poden atopar de aceiro inoxidable e de madeiras tropicais; e recentemente até de fibra de vidro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para antuca.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para parasol.
- ↑ The inventions that changed the world (Londres, Reader's Digest Editors, 1982).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antuca |