Anuncia Casado
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1897 Cualedro, España |
Morte | 21 de agosto de 1936 (38/39 anos) Pexeiros, España |
Causa da morte | paseo |
Lugar de sepultura | O Castro |
Actividade | |
Ocupación | política |
Anunciación Casado Atanes, coñecida como Pasionaria,[1] nada en Cualedro en 1897 e finada en Pexeiros (Viana do Bolo) o 21 de agosto de 1936, foi unha política galega.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Viúva dun obreiro morto en accidente laboral en Sestao e nai de catro fillos. Oradora e organizadora sindical de moita sona, pola súa defensa do campesiñado. Foi responsable do Partido Comunista de España na comarca de Viana.[3] Na Segunda República fixo propaganda entre os traballadores do ferrocarril da liña A Gudiña e Vilar de Barrio.[2] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi obxecto dunha constante persecución. Detida polos falanxistas de Verín, foi ultraxada, rapada e asasinada no lugar das Revendeitas,[3] no camiño da Gudiña a Viana o 21 de agosto de 1936.[2] Foi soterrada nunha fosa xunto á igrexa do Castro, na parroquia de Pexeiros.[4] Fóronlle incautados os seus bens.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Casado Atanes, Anunciación". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 198.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas [Das orixes a 1975]. Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-146-9.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cid Galante, R. M. (7 de febreiro de 2011). "Anunciación Casado Atanes". Historia das nosas mulleres ourensás.
- A Gudiña e Viana homenaxean a Anuncia Casado