Anxo Baranga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1956 (67/68 anos) Córgomo, España |
Actividade | |
Ocupación | pintor, actor, director teatral |
Obra | |
Obras destacables | |
Anxo López Baranga, nado en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras) en 1956, é un pintor, actor e director de teatro galego. Vive en Barcelona desde 1979.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Diplomado pola Escola Massana de Barcelona e La Llotja (Escola Oficial d’Arts Aplicades i Oficis Artístics de Barcelona). Foi autor das ilustracións de dous libros de J.A.M.[1] e ten colaborado en publicacións de Galicia como A Nosa Terra, Escrita, Alborada, ou Treboada. Participou na creación dos fanzines Microbius (1979), Kanalla (1993) e Catalizador (2009).
É cofundador e director de grupos teatrais en Barcelona como Terceiro Andar (1980) no Centro Galego de Barcelona, Canalla (1993), Furafollas Agrupación Teatral (2001) e AUGATEBA (Aula Universitaria Galega de Teatro de Barcelona dirixida por Camilo Valdehorras), así como o FDG Teatro na súa parroquia natal (2001).[2] Foi membro do Institut de Experimentació Teatral da Universidade de Barcelona, dirixido por Ricard Salvat e participa no Festival de Tardor de Barcelona (1990 e 1991).
Como pintor, con estudo no barrio barcelonés do Raval, simultanea a creación dunha obra persoal co activismo social desde a cultura, como se demostra no seu interese por activar unha arte popular e baseada na conciencia da diferenzas étnicas e lingüísticas no programa Catalizador (2009), que se desenvolveu desde a galería La Xina A.R.T., do fonsagradino Benxamín Álvarez,[3] e coas actividades para a recuperación da obra de Florencio Delgado Gurriarán (FDG) en Córgomo como as Xornadas Teatrais FDG de Córgomo (2001-2009), murais nas casas da parroquia e a defensa da candidatura de Delgado Gurriarán para dedicarlle o Día das Letras Galegas.[4][5]
Organizou obradoiros de banda deseñada, debuxo e pintura en diferentes escolas de primaria e secundaria en colaboración co Proxecto Galauda. En 2017, xunto co artista Jaume Muelas, crea o espazo artístico ArtefactoRoig.
Participou de maneira activa en numerosas accións e agrupacións a prol dunha cultura galega crítica desenvolvida en Cataluña, como a Plataforma Nunca máis de Cataluña,[6] Asemblea Cultural Galega en Barcelona (ACGB).[7]
Obra
[editar | editar a fonte]Exposicións
[editar | editar a fonte]- 1996 Cidade, Galería Manifiesto, Barcelona.
- 1996 No país da auga, Fundación Sotelo Blanco, Compostela.
- 2003 Baranga, Casa Grande de Viloira, O Barco de Valdeorras.
- 2003 No país de Nunca máis, Amics de les Arts i Joventuts Musicals, Terrassa.
- 2007 Eu tamén navegar, La Xina A.R.T., Barcelona.[8]
- 2008 MOR, Galería Sargadelos de Barcelona.
- 2009 O catalizador, La Xina A.R.T.. Barcelona.[9]
- 2013 Entre muros, Galería Paspartú, Barcelona.
- 2017 Trementinaires, Tuixent.
- 2019 Cinc cèntims de Raval, con Lito Caramés e J. Muelas, Ferrer Marcs, Barcelona.
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Un pequeno favor e outras historias de humor perverso (Sotelo Blanco, 1984; con J.A.M.)
- O ollo pecho e outras historias desagradables (Sotelo Blanco, 1989; con J.A.M.)
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Gañador do Premio da Secretaría Xeral de Emigración 2007 da Xunta de Galicia na sección de pintura.
- Irmán maior da Irmandade Florencio Delgado Gurriarán, 2017.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ J.A.M.: Pseudónimo de José Antonio Martínez Rodríguez. Outros nomes: Martínez Rodríguez, José Antonio / X. A. M. / M. J. A.
- ↑ Doespiritusanto, Marcos (10/3/2010). "Reportaje: El desenfado de los Furafollas". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 24/4/2019.
- ↑ "Anxo Baranga, IES Martaguisela". www.edu.xunta.gal. Consultado o 24/4/2019.
- ↑ 4,0 4,1 "Córgomo lleva el arte a la fachada" (11/10/2018). La Región (en castelán)
- ↑ "O artista de Córgomo, Anxo Baranga, foi nomeado Irmán Maior da Irmandade do poeta Florencio Delgado Gurriarán : “é moi simbólico que sexa a poesía o que nos xunte”". www.vilamartindevaldeorras.es. Arquivado dende o orixinal o 16/10/2019. Consultado o 24/4/2019.
- ↑ González, Helena. "Vieiros: Galiza Hoxe - Mai més... o Prestige. Un álbum da maior mobilización catalana a prol de Galicia". www.vieiros.com. Consultado o 2019-04-24.
- ↑ Agra, Santi. "A emigración move os marcos". Praza.gal. Consultado o 24/4/2019.
- ↑ "La Xina A.R.T. exposición en curso". www.laxinaart.org. Arquivado dende o orixinal o 20/06/2012. Consultado o 24/4/2019.
|archiveurl=
e|url-arquivo=
redundantes (Axuda);|archivedate=
e|data-arquivo=
redundantes (Axuda);|deadurl=
e|url-morta=
redundantes (Axuda) - ↑ ARTE INFORMADO (3/6/2014). "O Catalizador, Exposición, abr 2009". ARTEINFORMADO (en castelán). Consultado o 24/4/2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Baranga, Anxo L.". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 90.
- Fernández del Riego, F. (1992). Diccionario de escritores en lingua galega. Do Castro. p. 505.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Anxo Baranga y Furafollas Agrupación Teatral presenta en Córgomo el espectáculo Viaxe a Galicia", Creando tu Provincia, 11/5/2016 (en castelán).
- Paradelo, Xabier: "Unha intensa axenda na galería barcelonesa: banda deseñada, pintura, teatro, humor gráfico...", Vieiros, 14/4/2008.
- Arteinformado. Espacio iberoamericano del arte