Apagamento da Wikipedia en inglés
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/65/Wikimedia_Foundation_SOPA_War_Room_Meeting_1-17-2012-1-9.jpg/220px-Wikimedia_Foundation_SOPA_War_Room_Meeting_1-17-2012-1-9.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a3/Pretzels_SOPA_Blackout_Mockup_v4.png/220px-Pretzels_SOPA_Blackout_Mockup_v4.png)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/12/WP_SOPA_Screen_Dark_Simple.png/220px-WP_SOPA_Screen_Dark_Simple.png)
O apagamento da Wikipedia en inglés foi unha manifestación que tivo lugar o 18 de xaneiro de 2012 en protesta pola lei SOPA.
Historia e características[editar | editar a fonte]
A decisión foi tomada do día 16 de xaneiro de 2012 pola Fundación Wikimedia, que anunciou unha protesta contra a Stop Online Piracy Act (SOPA) e PROTECT IP Act (PIPA).[1]
A páxina tamén tivo o apoio doutras fundacións en Internet.[2][3][4]
Outras versións da Wikipedia, incluso doutros proxectos de Wikimedia, entre eles Wikimedia Commons, tamén se adheriron á protesta, coa colocación dun cartel de fondo negro.
O presidente da Motion Picture Association of America acusou de "abuso de poder" a todos os sitios que participaron no apagamento.[Cómpre referencia]
Ao día seguinte do apagamento, o sitio web Zscaler analizou o tráfico do día e informou de que a pesar de que as páxinas non estaban dispoñibles o sitio web rexistrou un número considerable de accesos. A hipótese é que as persoas tentaron acceder á Wikipedia por curiosidade, debido á gran difusión da campaña.[Cómpre referencia]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Davies, Lizzy. "Wikipedia begins blackout in protest against US anti-piracy laws". the Guardian. Consultado o 2015-12-15.
- ↑ Taylor, Jerome (17 de xaneiro de 2012). "Why I want to bring down the internet – for a day". The Independent. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2012. Consultado o 17 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Rupert Murdoch Sopa attack rebuffed by Google". BBC News. 16 de xaneiro de 2012. Consultado o 17 de xaneiro de 2012.
- ↑ Rushe, Dominic (17 de xaneiro de 2012). "Twitter boss slams Wikipedia's 'silly' Sopa protest". The Guardian. Consultado o 17 de xaneiro de 2012.