Atol Apataki
Tipo | Atol | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Palliser | ||||
Situado na entidade xeográfica | Tuamotu | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Comuna de Arutua, Francia | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Características | |||||
Superficie | 706 km² | ||||
Historia | |||||
Data de descuberta ou invención | 1722 | ||||
Apataki é un atol de Tuamotu, na Polinesia Francesa. Administrativamente é unha comuna asociada á comuna de Arutua. Xeograficamente forma parte das illas Palliser. Está situado a 19 km ao leste de Arutua e a 370 km ao nordés de Tahití.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Ten unhas dimensións de 64 km de longo e 47 km de ancho, cunha superficie total, incluída a lagoa, de 703 km². O atol dispón de dous pasos ao interior da lagoa: Aimonu ao noroeste e Haniuru ao suroeste.
A vila principal é Niutahi situada no noroeste xunto ao paso de Aimonu e cun aeródromo preto da vila. Os 429 habitantes (censo de 2002) viven da produción de perlas, da pesca e o cultivo de copra e nono (froito tropical de nome científicoMorinda citrifolia).
Historia
[editar | editar a fonte]Foi descuberto a noite do 21 de maio de 1722 por Jacob Roggeveen que a chamou Avondstond ('noite'). Outro nome histórico do atol é Hagenmeister.