Aploquéilidos
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8c/Aplocheilus_lineatus_Day.png/300px-Aplocheilus_lineatus_Day.png)
Os Aploquéilidos (Aplocheilidae, Bleeker 1860), ou almirantes, son unha familia de peixes maioritariamente de auga doce, incluída na orde dos Ciprinodontiformes (Cyiprinodontiformes).
Características[editar | editar a fonte]
A distribución xeográfica comprende África, sueste de Asia, sueste de Norteamérica e Suramérica, en auga doce aínda que algunhas especies toleran a salinidade. Algunhas especies son moi usadas como animais de acuario, polas brillantes cores e fermosas aletas.
Son peixes pequenos, duns 5 cm de lonxitude. Teñen unha pequena separación entre a base das aletas pelvianas.
Clasificación[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/02/Nothobranchius_rachovii_male_450px.jpg/300px-Nothobranchius_rachovii_male_450px.jpg)
A taxonomía desta familia é obxecto de discusión. Seguindo a FishBase [1] divídese en tres xéneros e 15 especies:
- Xénero Aplocheilus (McClelland, 1839)
- Xénero Archiaphyosemion
- Xénero Pachypanchax (Myers, 1933)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Aploquéilidos |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Aploquéilidos |