Apogónidos
Os Apogónidos (Apogonidae) son unha familia de peixes mariños e de augas salobres, incluída na orde dos Perciformes. Salvo excepcións son preferentemente tropicais.
Características
[editar | editar a fonte]Son peixes de pequeno tamaño, que non adoitan superar os 10 cm de lonxitude. Liña lateral completa. Escamas normalmente ctneoideas, pero nalgúns casos cicloides, adoito caedizas. Cabeza grande e uns ollos moi grandes. Boca oblicua e premaxilar protráctil. Opérculo debilmente espiñoso.
Escalas usualmente ctenoides; varios grupos con escamas cicloides (ausente en Gymnapogon).
Teñen dúas aletas dorsais da mesma lonxitude pero a primeira é máis baixa que a segunda; a primeira con 6-8 espiñas e a segunda cunha espiña e 8-14 radios brandos. Anal curta, con 8-18 radios brandos.
En tódolos apogónidos os machos incuban as crías dentro da boca. Case tódalas especies son de hábitos nocturnos. Aliméntanse de zooplancto e pequenos invertebrados bentónicos.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Divídense en dúas subfamilias, con 24 xéneros e 337 especies:
- Subfamilia Apogoninae:
- Xénero Apogon (Lacépède, 1801)
- Xénero Apogonichthys (Bleeker, 1854)
- Xénero Archamia (Gill, 1863)
- Xénero Astrapogon (Fowler, 1907)
- Xénero Cercamia (Randall e Smith, 1988)
- Xénero Cheilodipterus (Lacépède, 1801)
- Xénero Coranthus (Smith, 1961)
- Xénero Foa (Jordan e Evermann en Jordan e Seale, 1905)
- Xénero Fowleria (Jordan e Evermann, 1903)
- Xénero Glossamia (Gill, 1863)
- Xénero Holapogon (Fraser, 1973)
- Xénero Lachneratus (Fraser e Struhsaker, 1991)
- Xénero Mionorus
- Xénero Neamia (Smith e Radcliffe en Radcliffe, 1912)
- Xénero Phaeoptyx (Fraser e Robins, 1970)
- Xénero Pterapogon (Koumans, 1933)
- Xénero Rhabdamia (Weber, 1909)
- Xénero Siphamia (Weber, 1909)
- Xénero Sphaeramia (Fowler e Bean, 1930)
- Xénero Vincentia (Castelnau, 1872)
- Xénero Zoramia
- Subfamilia Pseudaminae:
- Xénero Gymnapogon (Regan, 1905)
- Xénero Paxton (Baldwin e Johnson, 1999)
- Xénero Pseudamia (Bleeker, 1865)
- Xénero Pseudamiops (Smith, 1954)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Apogónidos |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Apogónidos |