Apolonia del Santísimo Sacramento
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de abril de 1867 Lezaun (Restauración borbónica en España) |
Morte | 8 de setembro de 1936 (69 anos) Barcelona (Segunda República Española) |
Causa da morte | martirio |
Lugar de sepultura | Barcelona |
Abadesa Irmás Carmelitas da Caridade | |
1888 – 1936 | |
Actividade | |
Ocupación | relixiosa católica |
Orde relixiosa | Irmás Carmelitas da Caridade |
Enaltecemento | |
| |
Día de festividade relixiosa | 8 de setembro |
Apolonia Lizárraga y Ochoa de Zabalegui, nada en Lezaun o 18 de abril de 1867 e finada en Barcelona o 8 de setembro de 1936, máis coñecida polo seu nome relixioso Apolonia del Santísimo Sacramento, foi unha relixiosa Carmelita da Caridade española, superiora xeral en cargo da súa congregación, cando estalou a Guerra Civil española, na que morreu mártir pola súa fe.[1] Foi beatificada polo papa Bieito XVI o 28 de outubro de 2007.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Apolonia Lizárraga naceu na poboación de Lezaun, que por entón pertencía ao concello de Deierri, en Navarra. Ingresou no noviciado das Carmelitas da Caridade de Vedruna en Vitoria, o 16 de xullo de 1886 e emitiu os seus primeiros votos o 17 de xullo de 1888, desde entón coñecéuselle co nome o de Apolonia del Santísimo Sacramento.[2]
Exerceu diversos cargos na súa congregación, desde profesora nos colexios de Trujillo (Cáceres) e Villafranca de los Barros (Badaxoz), até superiora da comunidade de Sevilla e reitora do colexio de Vich. Finalmente foi elixida superiora xeral do instituto en 1925, cargo que ocupou até 1936, ano no que sufriu o martirio.[2] Como superiora xeral preocupouse pola expansión do instituto, chegando a fundar as casas de Buenos Aires na Arxentina; Vigo, León, Murcia e Alcoi en España; e outras catro en Francia.[3]
Cando comezou a guerra en 1936, Apolonia adicouse a buscar refuxio para as relixiosas da súa congregación, co fin de salvarlles a vida, especialmente ás novizas e ás enfermas. Ela mesma escondeuse en casas de diversas amigas. En setembro dese mesmo ano foi detida e encarcerada na checa de San Elías (Barcelona).[2] A tarde do 8 de setembro a relixiosa, segundo algunhas testemuñas que estiveron con ela detidos na checa, foi serrada e descortizada e os seus restos foron botados como cebo para os porcos. Ao parecer ese era o destino de moitos dos detidos da checa de San Elías.[4]
Culto
[editar | editar a fonte]Foi beatificada polo papa Bieito XVI o 28 de outubro de 2007, na cerimonia presidida por el mesmo, na praza de San Pedro da Cidade do Vaticano. En devandita celebración o pontífice subiu aos altares uns 498 mártires da Guerra Civil Española do século XX.[2]
A actual checa de San Elías, hoxe é unha cripta da parroquia Santa Inés. Nela mantense o recordo dos mártires da Guerra que aí estiveron, entre eles Apolonia. A súa festa celébrase o 6 de novembro.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ López Teulón, José. "Tarde del 8 de septiembre, en la checa de San Elías de Barcelona". Religión en libertad. Consultado o 10 de marzo de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 González Rodríguez 2007, p. 42.
- ↑ "8 de setembro de 1936" (PDF). www.hispaniamartyr.org. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 13 de marzo de 2016.
- ↑ Montero 1961, p. 161.
- ↑ López, María Concepción. "Beata Apollonia del Santissimo Sacramento (Lizarraga Ochoa de Zabalegui) Vergine e martire". Santi e beati (en italiano). Consultado o 13 de marzo de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- González Rodríguez, María Encarnación (2007). Beatificación de 498 mártires del siglo XX en España. Roma, 28 de octubre de 2007. Madrid: Edice. ISBN 978-84-7141-635-3.
- Montero, Antonio (1961). Historia de la persecución religiosa en España, 1936-1939. Madrid: BAC.