Saltar ao contido

Aprendizaxe en liña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Aprendizaxe electrónica»)

A aprendizaxe en liña,[1] tamén denominada aprendizaxe electrónica [2] ou aprendizaxe virtual[3] (en inglés, e-learning) é unha modalidade de aprendizaxe que se caracteriza principalmente polo establecemento dun contacto de tipo virtual entre o alumno e o titor/mestre.[4] Ten como obxectivo desenvolver unha  proposta educativa que permita aplicar a equidade aos sistemas educativos, facilitando o acceso á educación ás persoas que por razóns xeográficas, laborais, económicas ou culturais non podían acceder a ela nas mesmas condicións que os demais.[5] O medio máis comunmente utilizado neste contacto é Internet, así a todo, a aprendizaxe en liña pódese basear nun dispositivo de CD ou DVD.

Características principais

[editar | editar a fonte]
  • Titorización por parte dunha figura que exercerá de guía a través dos contidos do Curso.
  • Comunicación e feedback. O alumno demostra os seus coñecementos e o titor.
  • Posibilidade de gozar dunha formación flexible e independente.
  • Utilización de medios técnicos como apoio á aprendizaxe.
  • Separación física entre o profesor e o alumno.

Nos anos 2010 tiveron difusión os cursos masivos en liña, MOOC, con titorización por pares, e agrupados en grandes plataformas como Coursera, MiríadaX, EdX, Udemy...

Flexibiidade. Accesibilidade. Autoxestión do tempo. Ubicuidade. Ecofriendly. [1]

Na aprendizaxe en liña o alumno ten a posibilidade de fraccionar os contidos que ten á súa disposición, de modo que tamén pode decidir o tempo de dedicación á materia que máis lle conveña. Esta opción supón unha vantaxe a nivel persoal que irá en función da capacidade de cada alumno para xestionar o seu propio tempo.

Cabe destacar que a existencia dun soporte multimedia non exclúe a posibilidade de dispoñer de titor, en ocasión puntuais, ao longo da formación.

As posibilidades de interactuar con outros usuarios a través de Internet - ou de Plataformas de Formación baseadas na Rede - multiplícanse ao mesmo ritmo ao que Internet incrementa a súa presenza a nivel mundial.

Desvantaxes

[editar | editar a fonte]

Os beneficios da aprendizaxe en liña como modalidade de aprendizaxe atópanse coas limitacións que moitos usuarios lle achacan como poden ser: - A desorientación na navegación polos contidos do Curso. - A existencia de requisitos técnicos e persoais a ter en conta nalgún curso onde exista son e vídeo, ou no cal se trate algunha temática de tipo técnico. - Dependencia do ancho de banda e a velocidade da Rede en moitos casos. - O uso do Inglés como idioma predominante limita o uso ás persoas que se atopen cómodas neste aspecto.

A nivel empresarial

[editar | editar a fonte]

Aínda que son moitas as persoas que seguen preferindo a formación presencial como medio de aprendizaxe, estudos recentes demostran que os tempos de aprendizaxe poden ser reducidos entre un 40% e 60% se se ofrecen solucións baseadas no concepto e-learning.

Estes resultados son tan cuantificables que a nivel empresarial, moitas entidades optan por este tipo de formación para os seus empregados. A flexibilidade na dedicación aos contidos, a disposición dun acceso a Internet, e un navegador web e a posibilidade de deter a aprendizaxe para descansar ou realizar diversas tarefas son os principais motivos de que ao longo dos últimos anos as Empresas teñan invertido cada vez máis na ensinanza virtual para asegurar os coñecementos dos seus empregados en distintas materias.

Neste eido, moitas enquisas de satisfacción de cara ao cliente teñen reflectido que a información asimilada de xeito on-line é retida nun 25 % mellor ca dun xeito presencial.

Aprendizaxe en liña en Galicia

[editar | editar a fonte]

A Plataforma de Teleformación de Galicia (PLATEGA), dependente da Xunta de Galicia, ofrece formación do Servizo de formación do profesorado, da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e formación para o profesorado de formación profesional[6].

O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) puxo a disposición da comunidade educativa galega a súa plataforma Aula Cesga[7]. Aula Cesga é unha contorna para a formación, traballo en equipo e experiencias de innovación e investigación na educación baseada no software de administración de cursos Chamilo. Para poder facer uso do servizo é preciso pertencer á comunidade educativa galega, ao CSIC ou ben participar en actividades de I+D+i co CESGA.

Con vistas ao futuro

[editar | editar a fonte]

O auxe da formación on-line e o incremento no uso de dispositivos móbiles provocaron que as solucións formativas ou de lecer teñan atopado o seu camiño en dispositivos como teléfonos móbiles, PDA's e demais dando lugar ao "m-learning" (Mobile Learning) como extensión do "e-learning" (electronic-learning) combinado co "e-commerce" (comercio electrónico).

As tecnoloxías Java, J2ME, I-Mode e GPRS de que dispoñen estes dispositivos fan máis doada a súa utilización para continuar co crecemento da formación virtual.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aprendizaxe.
  2. DiGaTIC
  3. Caride Gómez e Trillo Alonso (2010). Diccionario Galego de Pedagoxia. Galaxia. ISBN 978-84-9865-308-3. 
  4. Kaplan Andreas M., Haenlein Michael (2016) Higher education and the digital revolution: About MOOCs, SPOCs, social media, and the Cookie Monster, Business Horizons, Volume 59.
  5. (Moore,  2013)
  6. "Plataforma de Teleformación de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2012. Consultado o 13 de xaneiro de 2012. 
  7. Aula Cesga

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Alcantud Marín, F. (1999). Teleformación: diseño para todos. Valencia: Universidad de Valencia. (en castelán)
  • Moore, M. G. (2013). «Historical and Conceptual Foundations. An Overview». En: Moore, M. G. (ed.). Handbook of Distance Education(págs. 1-3). Nova York: Routledge
  • Muñoz Carril, P. C. e González Sanmamed, M. (2009). Plataformas de teleformación y herramientas telemáticas. Barcelona: UOC. (en castelán)
  • Verdú Pérez, M. J. e Pérez Juárez, M. A. (2000). Teleformación: primaria, secundaria, universitaria y permanente. Valladolid: Universidad de Valladolid. (en castelán)

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]