Escola Galega de Administración Pública
Escola Galega de Administración Pública | |
---|---|
Sede da Escola Galega de Administración Pública | |
Tipo | institución educativa pública |
Data de fundación | 1982 |
En | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
Na rede | |
https://egap.xunta.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) é un centro oficial de docencia e de investigación en todas aquelas materias que foren de interese para o persoal ao servizo da Xunta de Galicia e, de ser o caso, doutras administracións galegas. Ten a súa sede en Santiago de Compostela.
Orixe
[editar | editar a fonte]A Escola Galega de Administración Pública foi creada de acordo co Decreto 163/1982, do 1 de decembro, como órgano administrativo sen personalidade xurídica propia. Posteriormente, e de acordo coa Lei 4/1987, do 27 de maio (modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo), a EGAP constitúese nun organismo autónomo de carácter administrativo adscrito á Consellería de Presidencia e Administración Pública, con personalidade xurídica de seu e con plena autonomía funcional para o cumprimento dos seus fins.
Funcións
[editar | editar a fonte]- Formación de directivos e persoal ao servizo da administración pública de Galicia e entes locais da comunidade. Na mesma liña de actuacións leva a termo unha importante tarefa de formación mediante a organización de cursos, presenciais e por vía de Internet.
- Estudos e investigación: para o fomento da investigación en materia de Administración Pública e ciencia da administración.