Saltar ao contido

Aprinxio de Bexa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAprinxio de Bexa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VI Editar o valor en Wikidata
Beja, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morteséculo VI Editar o valor en Wikidata
Bispo
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

BNE: XX4904559

Aprinxio de Bexa (en portugués: Apríngio de Beja) foi bispo de Beja no tempo do rei visigodo Teudis,[1] durante a primeira metade do século VI. Escribiu un comentario sobre a Apocalipse, que se conserva fragmentariamente.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Non existen moitos datos fidedignos sobre a vida de Aprinxio.[2] A única fonte fiable sobre a súa figura é un fragmento de Isidoro de Sevilla (560-636) no que se fai referencia á súa escrita e ao seu tempo (o reinado do visigodo Teudis).[3] Segundo o cartaxinés:[1]

Aprinxio, bispo da Igrexa pacense das Hispanias, elocuente no uso da lingua latina e erudito no saber, interpretou a Apocalipse con sutileza e brillantez, case mellor do que os antigos eclesiásticos.
Isidoro de Sevilla, De viribus illustribus

A orixe grega do seu nome fai supoñer que procedía dunha familia estranxeira asentada na península Ibérica, ou que quizais fose un súbdito do Imperio Bizantino.[4]

Aprinxio de Bexa é coñecido polo seu comentario á Apocalipse de san Xoán. Destaca pola súa perspectiva historicista, que interpreta o texto como un comentario sobre a Igrexa da súa época, e non como unha visión real dos derradeiros días da humanidade.[4] Secasí, sitúase na corrente hermenéutica alegórica, polo que intenta atopar en todas as pasaxes algún sentido oculto ou relixioso, para alén da literalidade da obra.[2]

  1. 1,0 1,1 Isidoro de Sevilla 1098, p. XXX, 40.
  2. 2,0 2,1 Barcala 1997, p. 329.
  3. Calafate 1999, p. 107.
  4. 4,0 4,1 Barcala 1997, p. 330.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]