Arame
Chámase arame[1] a todo tipo de fío delgado que se obtén por estiramento dos diferentes metais de acordo coa propiedade de ductilidade que posúen os mesmos. Os principais metais para a produción de arame son: ferro, cobre, latón, prata, aluminio, entre outros. Porén, antigamente chamábase arame ó cobre e as súas aliaxes de bronce e latón. Caracterízase por ser un bo condutor da electricidade,[2][3] ademais de ser un bo condutor da calor.[3]
Características e tratamentos
[editar | editar a fonte]Hai moitos tipos e calidades de arame de acordo coas aplicacións que teñan. Asemade, o diámetro do arame é moi variable e non hai un límite exacto cando un fío pasa a denominarse barra no canto de arame. A principal característica do arame é que permite enrolarse en rolos ou bobinas de diferentes lonxitudes que facilitan a súa manipulación e transporte.[4]
O arame de cobre emprégase para fabricar cables eléctricos, así que o arame máis usado industrialmente é o que se fai de aceiro e de aceiro inoxidable.
O arame normal de aceiro adoita ter un tratamento superficial de galvanizado para protexelo da oxidación e corrosión e tamén hai arame endurecido con proceso de revenimento.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para arame.
- ↑ Les conducteurs électriques, sur le site physique-chimie-college.fr
- ↑ 3,0 3,1 Définition de conducteur, sur le site mediadico.com - consulté le 11 octobre 2012
- ↑ Swiger Coil Systems. "Edgewound Coils". Swiger Coil Systems, A Wabtec Company. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2010. Consultado o 1 de xaneiro de 2011.