Arantxa Iturbe
![]() (2009) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xuño de 1964 ![]() Alegia, España ![]() |
Residencia | Tolosa ![]() |
Educación | Universidade de Navarra ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritora, locutor ![]() |
Empregador | Euskadi Irratia ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Arantxa Iturbe Maiz, nada en Alegia, Guipúscoa, o 9 de xuño de 1964, é unha xornalista, locutora e escritora vasca.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Arantxa Iturbe Maiz é licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra. Desde a década dos 80 traballa na emisora Euskadi Irratia. Na década de 1990 comezou como articulista nos xornais el Diario Vasco e posteriormente en Gara.[2]
En 1992 deuse a coñecer como escritora, a súa obra teatral Maite, maite, maitea publicada polo Goberno Vasco pasou a emitirse na radio como radionovela.[3]
Ademais en 1992 publicou o seu primeiro de contos Ezer baino lehen e en 1995 publicou o segundo, Lehenago zen berandu. En ambos os libros de contos o tema principal son as relacións interpersoais e sobre todo a relación amorosa, coas mulleres como protagonistas máis destacados. En moitos dos seus contos fala da soidade das parellas, os malentendidos e os celos. O seu estilo é próximo ás formas orais e sempre se mostrou partidaria da prosa sinxela e directa. Cando publicou o seu primeiro libro de contos e declarou que fixera un libro "lixeiro", tivo que escoitar críticas negativas que a obrigaron a declarar na presentación do seu segundo libro que a literatura lixeira e a subliteratura son cousas moi diferentes. As relacións interpersoais son o principal tema deses dous libros de relatos, pero unhas relacións levadas a extremos, con situacións incómodas, froito do destino ou da mala sorte.[1]
En 1999 publicou Ai, ama!, enmarcable no xénero do ensaio e no que reflexiona sobre os inconvenientes, as dúbidas e as satisfaccións que entraña a maternidade. Esta obra, editada por Alberdania, constituíu un éxito de vendas e no 2001 Agurtzane Intxaurraga preparou unha versión teatral, en colaboración coa propia escritora. Nsa VI edición dos Premios Max, das Artes Escénicas en España que se celebraron o 5 de maio de 2003 recibiu o primeiro premio na categoría de mellor autor teatral en éuscaro por Ai, ama! Gañou este premio noutras dúas ocasións, en 2005 por Ixa / Equis e en 2011 por Aitarekin bidaian[4][5].
No ano 2000 recibiu o premio de xornalismo Rikardo Arregi polo seu traballo como locutora e condutora do programa Goizean Behin.[2]
No 2001 publicou Nik eserita egiten dut eta zer? coa que iniciou a súa andaina na literatura infantil. Esta obra foi traducida a varios idiomas entre outros ao castelán e catalán, galego...
En 2006 publicou a obra Kontu-jaten onde se recollen os testemuños vitais de mulleres nadas nas primeiras décadas do século XX mesturando a realidade cun punto de ficción. O libro non é unicamente a transcrición dos testemuños recolleitos en vídeo senón unha novelización das súas vidas.[6]
En 2022 participou en "Un verán en Galeusca", proxecto impulsado entre VilaWeb, Berria e Nós Diario co relato Ves?[7]
Obra literaria
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Ai ama! (1999). Alberdania.
Literatura infantil
[editar | editar a fonte]- Nik eserita egiten dut eta zer? (2001). Elkar
- Amona basoan galdu zenekoa (2003). Elkar
- Norak suhiltzaile izan nahi du (2003). Elkar
Relatos
[editar | editar a fonte]- Ezer baino lehen (1992). Elkar
- Lehenago zen berandu (1995). Alberdania.
- Bakarrizketan (2001). Alberdania. Kike Amonarriz, Pako Aristi, Harkaitz Cano, Andoni Egaña... recompilación de varios escritores e escritoras vascas.
- Kontu-jaten: gure herriko emakume eskarmentudunen mahaian (2006). Alberdania.
- Honetara ezkero (2017)[8]. Susa.
Novela
[editar | editar a fonte]- Koaderno zuria (2017). Elkar
Teatro
[editar | editar a fonte]- Maite, maite, maitea (1-15) (1992). Eusko Jaurlaritza)
Obras levadas ao teatro
[editar | editar a fonte]- Kabaretztei (2017). Hika Teatroa.
- Gutun zuria (2016). Hika Teatroa.
- Ilargiaren bi aldeak (2011). Hika Teatroa.
- Aitarekin bidaia (2009). Hika Teatroa.
- Zeta (2005). Alessandro Bariccoren obraren itzulpena eta egokitzapena.
- Chaplin tropela (1990). Hika Teatroa.
Traducións
[editar | editar a fonte]Obras de Arantxa Iturbe traducidas a outros idiomas:
Nik eserita egiten dut
- (en catalán) Jo ho faig assegut (Barcelona: La Galera, 2001) trad. Maria Josep Escrivà i Vidal
- (en catalán) Jo ho faig assegut (Valencia: Tandem, 2008) trad. Maria Josep Escrivà i Vidal
- (en galego) Eu fágoo sentado (Vigo: Galaxia, 2001) trad. Xesús Carballo Soliño
- (en aragonés) Eu o foi asentato (Villanueva de Galligo: Xordica, 2001) trad. Chabier Tomás Arias
- (en asturiano) Fáigolo sentáu ¿y qué? (Gijón: Llibros del Pexe, 2001) trad. Xilberto Llano
- (en castelán) Yo lo hago sentado (Barcelona: La Galera, 2001) trad. Jorge Giménez
Ai ama!
- (en castelán) ¡Ay, madre!(Irún: Alberdania, 2001) trad. Jorge Giménez
- (en castelán) ¡Ay, madre! (Irún: Alberdania-Alga, 2006) trad. Jorge Giménez
Lehenago zen berandu
- (en castelán) Ya ni siquiera es tarde! (Irún: Alberdania, 2005) trad. Jorge Giménez
Hamaika arrosa
- (en castelán) Once rosas in Otamendi, J.L., Desde aquí (Antología del cuento vasco actual), (Hiru, 1996) trad. B. Montoio
Maria eta Jose ; Pano gorria lepoan
- (en castelán) María y José; El pañuelo rojo in Olaziregi, M.J., An anthology of Basque short stories (Center for Basque Studies, 2004) trad. A. Gabantxo
- (en italiano) Maria e Jose; Un foulard rosso al collo in Olaziregi, M.J. Pintxos. Nuovi racconti baschi” (Gran Via Edizioni, 2005) trad. R. Gozzi
- (en polaco) Maria i Józef; Czerwona chusta na szyi in A.A, Kontu-kontari. Opowiadania baskijskie (TIPI, 2001) trad. A. Wiacek
Nik arrazoi; Gehiago galderarik ez
- (en polaco) Mialam Racje; Tylko zádnych prosze! in Pewnej nocy w parku: opowiadania baskijskie (Rebis: 2000) trad. A. Szofer & A. Zawiszewski
Gehienez bost hilabete
- (en inglés) Five months at most in Ayerbe, M. Our wrs: short fiction on basque conflicts (Center for Basque Studies, 2012) trad. A. Gabantxo
Premios
[editar | editar a fonte]Premios literarios
[editar | editar a fonte]- Riiiiing Julene Azpeitia Saria, 1999
- Maiteak, denak Donostia Hiria Saria, 2001
Premios de teatro
[editar | editar a fonte]- Premios Max. VI edición. 2003. Autoría teatral en éuscaro. Ai ama!
- Premios Max. VIII edición. 2005. Autoría teatral en éuscaro. Ixa / Xe
- Premios Max. XIV edición. 2011. Autoría teatral en éuscaro. Aitarekin bidaian
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Felix Ibargutxi Otermin (2015). "Auñamendi Eusko Entziklopedia". Consultado o 7 de xuño de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 "Euskal Idazleen Elkartea". Consultado o 1 de abril de 2020.[Ligazón morta]
- ↑ "Euskal Literaturaren Hiztegia.EHU". Consultado o 7 de xuño de 2017.
- ↑ "Arantxa Iturbe gana el Max a mejor autor teatral en euskera" (en castelán). Consultado o 1 de abril de 2020.
- ↑ Ayerbe Sudupe, Mikel (2012). Narrativa vasca contemporánea: un catálogo (PDF). Etxepare Euskal Institutua. p. 51. ISBN 978-84-616-2311-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de marzo de 2017. Consultado o 1 de abril de 2020.
- ↑ "Iturbe Maiz, Arantxa - Auñamendi Eusko Entziklopedia". aunamendi.eusko-ikaskuntza.eus (en castelán). Consultado o 2022-07-21.
- ↑ Iturbe, Anrantxa (21 de xullo de 2022). "Ves?". Nós Diario.
- ↑ Leunda, Gorka Erostarbe. "Kilimatuak ez, kimatuak" (en éuscaro). Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2022. Consultado o 1 de abril de 2020.