Arcadia Planitia
Arcadia Planitia | |
---|---|
Datos xerais | |
Tipo | planitia (en) |
Corpo astronómico | Marte |
Datos xeográficos | |
Coordenadas | 47°11′N 184°19′L / 47.19, 184.31 |
Diámetro | 1.871,97 km |
Cuadrángulo | Quadrângulo de Diacria (pt) |
Localización | |
mapa non dispoñible: marte | |
Identificadores | |
GoPN | 348 |
Arcadia Planitia é unha suave planicie de Marte, composta por depósitos de lavas frescas e coladas volcánicas asentadas na Época Amazónica. Ó oeste fai fronteira con Utopia Planitia e cara ó leste coas terras altas de Tharsis, o seu sur pódense atopa-las planicies de Elysium Planitia e Amazonis Planitia, ó norte fican as vastas extensións do resto da Vastitas Borealis (rexión a cal pertence esta chaira), as súas coordenadas centrais son 56,01° N 188,63° E[1] e posúe un diámetro medio segundo o USGS de 2.923,7 km[1]. O seu nome provén dun vello accidente xeolóxico que aparecía nun mapa de Giovanni Schiaparelli feito no ano 1882, Arcadia fai referencia a unha antiga rexión de Grecia.
Esta é unha chaira con moi pouca variación de altitude, a súa variación de altitude vai dos 0 km ós -3 km respecto do datum marciano.[2] Coma moitas outras planicies do hemisferios norte de Marte, Arcadia amosa uns característicos enramados quasi-poligonais que moi posiblemente estean asociados a chans compostos dunha mestura de xeos, lama viscosa e pequenas rochas, na Terra pódense atopar este tipo de patróns e trazos nos chans de permafrost do ártico.[3] Outra formas xeolóxicas que indican a presenza pasada de xeos e unha posible presenza actual dos mesmos, son os outeiros totalmente redondeados e erosionados, e os pequenos fuchancos e simas fotografados co sistema Themis da Mars Odyssey.[4]
A sonda Mars Odyssey puido fotografar varios cráteres con capas concéntricas de depósitos brillantes tanto cara ó interior dos cráteres coma cara ó exterior, así coma numerosos regueiros brillantes que partían das cristas dos bordos deses cráteres, cristas moi erosionadas e degradas, e tamén aparecían moi erosionados os depósitos de material asociados ós nacementos destes cráteres; estas características suxiren a presenza de xeos superficiais ou subterráneos que serían os causantes desta intensa erosión.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Planetary Names: Planitia, planitiae: Arcadia Planitia on Mars". Consultado o 18-04-2012.
- ↑ R. Greeley, "Arcadia Planitia" Arquivado 11 de marzo de 2007 en Wayback Machine. consultado o 22-04-2012.
- ↑ "Textures in Arcadia Planitia". Consultado o 22-04-2012.
- ↑ "Arcadia Planitia". Consultado o 22-04-2012.
- ↑ "Western Arcadia Planitia". Consultado o 22-04-2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arcadia Planitia |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Google Mars zoomable map centered on Arcadia Planitia
- Mapa coas fronteiras das rexións de Marte
- Mapa topográfico de Marte, con nomenclatura detallada das rexións de Marte (en inglés)
- Mapa detallado do cuadrante MC-2 Diacria
- Mapa detallado do cuadrante MC-7 Cebrenia
- Páxina coas ligazóns ós mapas dos cuadrantes de Marte