Arcanxo Uriel
Aparencia
Nome orixinal | (he) אוּרִיאֵל |
---|---|
Biografía | |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 29 de setembro 21 de novembro |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Enciclopedia Bíblica de Archimandrita Nicéforo |
Uriel (hebreo: אוּרִיאֵל; grego: Ουριήλ; copto: ⲟⲩⲣⲓⲏⲗ; «Deus é a miña luz» ou «lume de Deus»), é, nas tradicións xudía e cristiá, un arcanxo que serve como mensaxeiro de Deus. Aparece nas mencións no libro Zohar, 2 Esdras, Libro de Enoc e outra literatura esotérica.[1]
No cristianismo
[editar | editar a fonte]A Igrexa católica só recoñece a tres arcanxos mencionados na Biblia: Miguel, Gabriel e Rafael. Pero, segundo algunhas tradicións xudías e cristiás, hai catro ou sete arcanxos, Uriel é xeralmente o cuarto.[2] É venerado como un santo arcanxo na Comuñón anglicana, Igrexas católicas orientais, Igrexa ortodoxa, Igrexa ortodoxa copta, Igrexa etíope tewahedo, Igrexa eritrea tewahedo e no Cristianismo esotérico.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Vidreira na igrexa St James’ Church, Grimsby
-
Vidreira na igrexa Holy Trinity Church, Hull
-
«San Uriel, intérprete de profecías», St Michael’s and All Angels Church, Howick, Northumberland
-
Fresco na Igrexa ortodoxa copta de Santa Virxe María, O Cairo
-
Uriel con Neno Xesús, detalle da pintura A Virxe das rochas de Leonardo da Vinci
-
Vidreira na Catedral de Puebla, México
-
Estatua no antigo cemiterio de Paysandú
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arcanxo Uriel |