Arcediago
Aparencia
(Redirección desde «Arcediagado»)
O arcediago[1] ou arquidiácono[2] (do grego ἀρχι: o primeiro e διάκονος: servidor, ministro) era o membro principal dun cabido catedralicio, encargado de dirixir o cabido e que seguía na importancia do seu cargo ao bispo.[3]
Ocupábanse principalmente de obras de caridade que exercían de parte do bispo, de administrar as dioceses e finalmente de dirixir algunhas zonas (especialmente rurais) chamadas arquidiaconados ou arcediagados. Estas zonas foron substituídas polo Concilio de Trento e a figura do arcediago foi decaendo desde entón até desaparecer por completo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para arcediago.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para arquidiácono.
- ↑ Definición en Dicionario de galego. Vigo, Ir Indo, 2004; e Vocabulario ortográfico da lingua galega, A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Enciclopedia universal ilustrada europeo americana, vol. V, Espasa-Calpe, Barcelona, voz «arcediano», p. 1290