Archena
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Rexión de Murcia | ||||
Capital | Archena | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 20.110 (2023) (1.226,22 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 16,4 km² | ||||
Altitude | 102 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | María Patricia Fernández López | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 30600 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 30009 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | aytoarchena.es | ||||
Archena é un municipio español situado no leste da rexión de Murcia. Ten 19 053 habitantes (INE 2018).
Xeografía
[editar | editar a fonte]Archena dista de Murcia 24 quilómetros. O termo municipal é reducido, 1.651 hectáreas, a gran maioría de regadío. Forma parte da comarca do Valle de Ricote, da que é capital.
O río Segura, que percorre o territorio archenero ao longo de sete quilómetros, constitúe o seu eixo fundamental; a ambos os dous lados do mesmo sitúanse os socalcos cheos de froiteiras e agres.
O relevo de Archena é lixeiramente ondulado, con dous montículos, os máis altos do termo, na súa parte norte (Ope e serra da Serreta), a parte central é máis chaira.
O clima, cunha temperatura media de 18 °C, é o propio da España seca.
Demografía
[editar | editar a fonte]Desde 1900, Archena seguiu unha evolución ascendente, que a levou a multiplicar por 3,55 a poboación de principios de século. Entre 1991 (11.876 hab.) e 2008 creceu un 54%.
A poboación de 19 053 habitantes[1] concéntrase basicamente no casco urbano, coa importante excepción da pedanía de La Algaida.
Outros barrios importantes fóra do casco urbano son El Hurtado, Las Arboledas, El Otro Lao e é destacable o curioso caso do barrio da Providencia (llamado polos archeneros "el fútbol"), que aínda que se atopa dentro do casco urbano de Archena, gran parte del pertence ao termo municipal de Villanueva del Río Segura, o que dá unha mostra significativa da pequena extensión co que conta Archena. A destacar tamén o polígono industrial llamado La Capellanía.
Festas
[editar | editar a fonte]A vila ten dúas asociacións folclóricas: O Verderol e o grupo Virxe da Saúde, quen velan a través de investigacións por recoller e dar a coñecer os costumes, cantos e bailes típicos da terra.
As festas patronais de Archena, que teñen lugar entre maio e xuño, son o Corpus Christi (no que se realiza un grande espectáculo de fogos artificiais) e o Día da Polvoreira[2]. Ademais, celébranse outras festas entre as que se atopan as de San Cosme e San Damián, San Xoán Bautista, San Roque e a Virxe do Rosario[3].
Coa análise dos libros de actas e de contas municipais, do primeiro patrón do que se ten coñecemento é San Xoán Bautista, o que é lóxico posto que o municipio estaba baixo a protección dos cabaleiros da Orde de San Xoán de Xerusalén. Nunha data incerta, San Xoán Bautista deixou de ser o patrón de Archena para ser substituído por San Roque, o avogado contra as epidemias. A primeira cita de San Roque como patrón desta vila data de 1761. Ademais, segundo consta nos libros de contas municipais, no século XVIII apareceu un novo patrón: San Marcos. Esta festa celebrábase o día da súa festividade, o 25 de abril, coincidindo co día da Batalla de Almansa (1707), na que as tropas do futuro rei Filipe V venceron ás forzas do candidato da Casa de Habsburgo, na guerra de sucesión á Coroa de España, polo que a festa mesturaba o civil co relixioso. Porén, na documentación conservada no arquivo municipal non hai ningunha referencia a estes feitos e o día de San Marcos celébrase como calquera outra festa, con misa e procesión.
No século XIX comezou unha certa diferenciación entre os festexos civís e relixiosos, aínda que todos os cívicos ían precedidos dun Che Deum de acción de grazas. Acontecementos como as vodas e os partos da Familia Real, a entrada da súa Santidade en Roma, ou algunha vitoria sobre as tropas carlistas nas recorrentes guerras civís, eran celebradas con maior ou menor fasto. Na segunda metade do século XIX, Archena cambiou novamente de patrón e as festas municipais pasaron a ser as de San Roque, como se indica nun libro de contas de 1869, onde se di: «para sufragar os gastos que ocasiona anualmente a función relixiosa que tributa este pobo ao seu patrón, o Sr. San Roque, cera e palmas para distribuír ao Concello e demais autoridades locais nos días de bendición de candeas e Domingo de Ramos»[4].
Ata finais do século XIX San Roque seguiu sendo patrón da Vila de Archena, pero o seu culto como protector contra as epidemias foi decaendo paulatinamente, como noutros pobos do sur de Europa, a medida que se ían erradicando. Por iso en 1904 o Concello decidiu autorizar as festas cívicas do Corpus Christi polo seu arraigo en Archena e o seu carácter lúdico. Proba evidente da importancia alcanzada polas festas do Corpus, constitúea o permiso concedido polo Papa en 1910 para facer a procesión pola tarde[5], polo que esta vila podía gozar de dúas festas municipais. Tampouco hai constancia documental do momento exacto no que o Corpus Christi se converteu no patrón de Archena, debido á perda de información durante a Guerra Civil. Despois da guerra tense a seguridade de que o Corpus era o patrón, aínda que pronto tería que compartir este título coa Santísima Virxe da Saúde.
Por outra banda, o 1 de setembro celébranse as festas da Polvoreira, que ten a súa orixe na explosión producida o 1 de setembro de 1963 nunha polvoreira militar, distante apenas un quilómetro do centro urbano. O estouro percibiuse nun radio de vinte quilómetros e ocasionou danos materiais moi importantes debido á choiva de rocas que trouxo consigo a explosión. O pobo de Archena transformou este acontecemento luctuoso en festivo, celebrando anualmente a ausencia de vítimas ou desgrazas persoais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Murcia: Población por municipios y sexo". Instituto Nacional de Estadística (en castelán). Consultado o 28-11-2019.
- ↑ "Fiestas y tradiciones". Ayuntamiento de Archena (en castelán).
- ↑ Medina Tornero, Manuel (1990). Historia de Archena De los primeros pobladores al siglo XIX. Vol. I (en castelán). Caja Murcia / Ayuntamiento de Archena. p. 470.
- ↑ Arquivo Municipal de Archena, Caixa 78, nº 1.
- ↑ Arquivo Municipal de Archena, Caixa 553, nº4, sobre fotocopia cedida por Joaquín Campuzano.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Archena |