Saltar ao contido

Arena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arena da Praza de touros de Pontevedra.
Pavillón Multiúsos Fontes do Sar, en Santiago de Compostela, Galiza.

A arena é o espazo central dun circo romano, dunha praza de touros etc., onde se realiza o espectáculo[1].

Por extensión denomínase arena á área fechada, case sempre de forma circular ou oval, deseñada para espectáculos musicais, teatrais ou eventos deportivos, sería, logo, un pavillón deportivo ou estadio fechado. Componse dun grande espazo aberto no centro (a propia arena), rodeado por corredores e bancadas para os espectadores. A característica chave dunha arena é que o lugar onde se realiza o evento, fica no punto máis baixo, permitindo unha visibilidade. Teoricamente unha arena é proxectada para acomodar un gran número de espectadores.

A palabra vén do latín (h)arena, que significa "area". Na época do Imperio Romano, os gladiadores loitaban nunha superficie cuberta de area, que absorbía o sangue. Pódese comparar a evolución do uso da palabra arena (inicialmente "area" e posteriormente o local - con area - onde se practicaban exercicios variados) coa evolución do uso da palabra saibro (inicialmente "area" e posteriormente un tipo de cuadra - cunha especie de area - no que se xoga tenis).

O termo coliseo designa o edificio de gran capacidade destinado á celebración de espectáculos, de forma circular e con bancadas arredor onde se sentan os espectadores[2].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para arena.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para coliseo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]