Saltar ao contido

Aresta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha aresta entre dous vértices.

As arestas delimitan os polígonos, como as 4 arestas deste cadrado.

Cada aresta comparte dúas caras dun poliedro, como neste cubo.

Cada aresta comparte tres ou máis caras nun politopo de 4 dimensións, como se ve nesta proxección dun teseracto.

En xeometría, a aresta é un segmento que une dous vértices consecutivos nun polígono. Doutro xeito, unha aresta é un conector para un segmento unidimensional e dous obxectos de cero dimensións.

Unha secuencia plana e pechada de arestas forma un polígono, determinando a súa cara. Nun poliedro, dúas caras xúntanse nunha aresta, mentres en politopos de máis dimensións son tres ou máis caras as que se xuntan nunha aresta.

No caso particular dunha única dimensión, as arestas chámanse simplemente segmentos e unen puntos no canto de vértices. Pola súa banda, nos polígonos as arestas adoitan chamarse lados.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]