Arguineguín
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | |||
Provincia | Las Palmas | |||
Concello | Mogán | |||
Poboación | ||||
Poboación | 5.004 (2015) | |||
Sitio web | mogan.es |
Arguineguín é unha localidade da costa sur de Gran Canaria, en España. Pertence ao concello de Mogán e está situada ao suroeste das Palmas de Gran Canaria.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome de Arguineguín data de 1492 aproximadamente, cando Cristovo Colón tiña o propósito de descubrir as indias, pero descubriu América. Cristovo Colón levaba nos seus barcos mariñeiros procedentes do norte de España.
O nome de Arguineguín vén do éuscaro Argin-Egin que significa "Dáme a luz".
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo o censo do INE en 2010, Arguineguín tiña unha poboación de 2.676 habitantes (1.424 homes e 1.252 mulleres).
Turismo
[editar | editar a fonte]Arguineguín é un lugar turístico, que posúe unha extensa praia e un importante porto pesqueiro, onde se concentra a maior confraría de pescadores da illa de Gran Canaria.
Ademais da praia, outro atractivo turístico é o Barranco de Arguineguín, onde atopamos toda clase de froitos tropicais. Cabe destacar tamén os seus numerosos xardíns e parques, así como outras obras arquitectónicas, a maioría inauguradas nos últimos anos debido ao aumento do turismo.
Na vila pódense realizar moitos deportes acuáticos como submarinismo ou surf.
Festividades
[editar | editar a fonte]- Carnaval (xaneiro ou febreiro)
- Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros (16 de xullo)
Personaxes ilustres
[editar | editar a fonte]- Juan Carlos Valerón (n. 1975): futbolista.
- David Silva (n. 1986): futbolista, campión da Copa do Mundo coa Selección de fútbol de España en 2010.
- Aythami Artiles (n. 1986): futbolista.