Ariete (D-36)
Ariete (D-36) | |
---|---|
[[Ficheiro:|]] Maqueta do Ariete no Museo Naval de Ferrol | |
Historial | |
Estaleiro | Bazán Ferrol |
Clase | Clase Audaz |
Tipo | Destrutor |
Operador | Armada Española |
Botado | 24 de febreiro de 1955 |
Asignado | 7 de febreiro de 1961 |
Baixa | 25 de febreiro de 1966 |
Destino | Embarrancado durante un temporal en Lira |
Características xerais | |
Desprazamento | • Original: 1450 t apc • Modernizado 1550 t apc |
Eslora | 94 m. |
Manga | 9´5 m. |
Calado | 3´6 m. |
Sensores | Modernizado:' Radar: • MLA-1b 2-D aéreo • SPS-5B de superficie Sonar: • QHB-a casco Dirección de tiro: • Mk 63 con radar SPG-34 (canóns de 76,2 mm) |
Armamento | Orixinal: • 3 Rheinmetall de 105 mm 4 canóns de 37 mm/80 (2 × 2) 8 canóns cuádruplos de 20 mm (2 × 4) 6 tubos lanzatorpedos antibuque de 533 mm (2 × 3) • 4 morteiros • 6 varadeiros de cargas de profundidade • 30 minas Modernizado: • 2 canóns de 76'2 mm/50 Mk-34 DP • 2 canóns Bofors AA 40 mm/70 • 2 canastas Mk 4 para torpedos ASW Mk32de 325 mm • 6 torpedos ASW • 2 Ourizos Mk 11 ASW • 8 morteiros Mk 6 • 2 varadieros Mk 9 para cargas de profundidade |
Tripulación | • Orixinal: 171 homes • Modernizado: 195 homes |
O Ariete (D-36), foi unha fragata rápida, reclasificada como destrutor ASW (antisubmarino), da clase Audaz pertencente á Armada Española.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi entregado á armada o 7 de febreiro de 1961 en Ferrol[1] e asignado xunto aos outros buques da mesma clase á 31 escuadrilla de Escolta con base en Ferrol.
O 25 de febreiro de 1966, mentres navegaba de Ferrol a Cartagena, viuse sorprendido por ondas de 12 metros. Chegou ata as illas Cíes, fronte a Vigo, pero o vento virou e levouno cara a Carnota, 60 quilómetros ao norte. Un tripulante dun petroleiro morreu intentándoo remolcar. Tamén fracasou a fragata Legazpi (F-42), chegando a perder un brazo un dos seus mariñeiros. O Ariete foi levado a terra pola acción das correntes e o vento, encallando a 200 metros da costa[2][3][4][5][6]. Finalmente, embarrancou a 200 metros da Praia do Ardeleiro, e deuse por non recuperable ao partirse o casco.
A actuación dos veciños valeulle ó concello de Carnota a concesión do título "Moi Humanitario", outorgada por Decreto 3290/1966 de 29 de decembro.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Entrega del destructor "Ariete" a la Marina española". hemeroteca.abc.es (en castelán). Consultado o 2020-01-12.
- ↑ "belt.es". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2013. Consultado o 02 de xaneiro de 2010.
- ↑ "El embarrancamiento del destructor D-36 Ariete". El mar, qué gran tema para hablar... (en castelán). 2007-11-10. Consultado o 2020-01-12.
- ↑ "Los náufragos de la «Ariete» reviven su salvación en Lira". La Voz de Galicia (en castelán). 2006-04-18. Consultado o 2020-01-12.
- ↑ letrasdelmar.com[Ligazón morta]
- ↑ "La hoja del lunes: Heroico comportamento no naufraxio do Ariete" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de outubro de 2013. Consultado o 02 de xaneiro de 2010.
- ↑ Revista Hidalguía número 122. Año 1974 (en castelán). Ediciones Hidalguia.