Aristilo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IV a. C. Samos, Grecia |
Morte | século III a. C. |
Actividade | |
Campo de traballo | Astronomía |
Ocupación | astrónomo, matemático |
Descrito pola fonte | Encyclopedic Lexicon (en) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) |
Aristilo (s. -IV - -III)[1] foi un astrónomo grego, que canda Timocares de Alexandría, compilou un dos primeiros catálogos de estrelas que se coñecen e que foron utilizados posteriormente para establecer a precesión dos equinoccios.
Aristilo como Timocares traballaban no Museo de Alexandría e foron destacados partícipes na realización dunha compilación sistemática da posición de estrelas e planetas facendo uso de instrumentos graduados. Os datos do devandito catálogo foron utilizados por Hiparco de Nicea para descubrir a precesión dos equinoccios ao comparar as súas observacións das posicións de diversas estrelas coas obtidas por Aristilo e Timocares século e medio antes. Pola súa banda, Tolomeo usou as posicións dos planetas recollidos por Aristilo e Timocares para deducir a súa teoría sobre o movemento dos planetas.[2]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Blackwood, páx. 550 fala de 295 a.C. mentres que no libro Approximates: Webster's Quotations, Facts and Phrases indica arredor de 280 a.C.
- ↑ Time's Telescope (1821), páx. 101
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Grecia antiga |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- BLACKWOOD: Blackwood's magazine, Volume 94. 1863 http://books.google.com/books?id=IrYCAAAAIAAJ (en inglés).
- WEBSTER: Approximates: Webster's Quotations, Facts and Phrases. Icon Group International, Inc. 2008. http://books.google.com/books?id=S6GF_qpVPJwC (en inglés).
- TIME: Time's Telescope. Sherwood, Gilbert and Piper. 1821. http://books.google.com/books?id=skU4AAAAIAAJ