Arkote Arraun Taldea
Aparencia

O Arkote Arraun Taldea é un club de remo da localidade de Plentzia, Biscaia (Euskadi). Actualmente compite na Liga ARC. As súas cores son o negro e o amarelo, e a súa traiñeira chámase Plentzitarra.
Historia
[editar | editar a fonte]O Arkote AT foi fundado en 1957 como continuación da Sociedad Remera de Plentzia, que representou á localidade dende 1946.
Dende 2005 ata 2009 o club competiu na Liga ACT, á máxima categoría de remo do Cantábrico, aínda que no 2009 non puido conseguir a permanencia ao finalizar na última posición na Liga, polo que actualmente compite no Grupo 1 da Liga ARC.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 2 Campionatos de Vizcaya de Traiñeiras: 2005 e 2006.