Armando López Salinas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de outubro de 1925 Madrid, España |
Morte | 25 de marzo de 2014 (88 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Campo de traballo | Belas letras |
Ocupación | xornalista, escritor |
Partido político | Partido Comunista de España |
Participou en | |
18 de febreiro de 2014 | Intellectuals for the Third Republic (en) |
Armando López Salinas, nado en Madrid o 31 de outubro de 1925 e finado na mesma cidade o 25 de marzo de 2014[1] foi un escritor e político español, dirixente do Partido Comunista de España (PCE).[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militante do Partido Comunista de España, durante a clandestinidade do partido na ditadura franquista foi membro do seu Comité Central e do Secretariado, o máximo órgano de dirección do PCE.[3] Foi subdirector do diario Mundo Obrero, o periódico do PCE, e correspondente en Madrid de Radio España Independiente (máis coñecida como "Radio Pirenaica"), a emisora clandestina que máis tempo estivo en antena (40 anos).[4] En marzo de 1968 pronunciou unha conferencia sobre os dereitos humanos ante os estudantes pechados na Facultade de Filosofía e Letras de USC, canda Xesús Alonso Montero, Enrique Barón e Enrique Miret Magdalena.[5] Durante o franquismo colaborou habitualmente na revista cultural Cuadernos para el Diálogo.[6]
Obras
[editar | editar a fonte]- La mina, finalista do Premio Nadal (1959).
- Caminando por las Hurdes (1960), con Antonio Ferres.[7]
- Año tras año (1962). Premio Machado de Novela.
- Por el río abajo (1966) con A. Grosso.
- Viaje al país gallego (1967) con Javier Alfaya.
- Crónica de un viaje y otros relatos (2007).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Muere Armando López Salinas, representante de la novela social". El Mundo. 25 de marzo de 2014.
- ↑ Manuel Aznar Soler (2010). República literaria y revolución (1920-1939), Editorial Renacimiento, pág. 549n
- ↑ Elpais.com (19 de setembro de 2012): "Santiago Carrillo era más práctico que teórico, más táctico que estratega"
- ↑ Diario Público (7 de outubro de 2012): "Armando López: "Lo que no se gana en la calle no se gana nunca en la mesa de negociación""
- ↑ O Marzo do 68 compostelán
- ↑ Javier Muñoz Soro (2006). Cuadernos para el diálogo, 1963-1976, Marcial Pons, pág. 80
- ↑ Martha Eulalia Altisent (2008). A Companion to the Twentieth-century Spanish Novel, Ed. Tamesis, pág. 73
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Armando López Salinas |