Illas Ryukyu
琉球諸島 (ja) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Xapón | ||||
Prefecturas | Prefectura de Okinawa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 4.642,11 km² | ||||
Bañado por | Mar da China Oriental e Océano Pacífico | ||||
Altitude | 1.936 m | ||||
As Illas Ryukyu (琉球諸島 Ryūkyū-shotō?),[1] coñecidas en xaponés como Illas Nansei (南西諸島 Nansei-shotō?, lit. "Illas do sueste") e tamén coñecidas como Arco Ryukyu (琉球弧 Ryūkyū-ko?), son un arquipélago de illas xaponesas que se espallan dende o sur de Kyūshū ata Taiwán. A illa de Okinawa é a maior do arquipélago.
Historia
[editar | editar a fonte]Antigamente foi un reino independente, mais foi ocupado pola China no século -VII. Ficou sometida ós chineses ata 1609, ano no que foi invadida polos xaponeses. No 1879 foron anexionadas definitivamente ao Xapón dentro da prefectura de Okinawa e aboliuse a monarquía. Cando remata a segunda guerra mundial, da cal foi centro de operacións, o arquipélago foi ocupado militarmente polos Estados Unidos no 1945, que a administraron fiduciariamente de acordo co tratado de San Francisco de 1951, e fixeron de Okinawa unha poderosa base militar. Previamente, o 25 de xaneiro de 1950, o goberno das illas propuxera a independencia e unha bandeira nacional, que non foron aceptadas polos Estados Unidos. En 1953 a parte setentrional (Amami) foille devolta ó Xapón, e o resto, en 1972.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tsuneyoshi, Ukita (1993). Nihon-dai-chizuchō (Grand Atlas Japan). Heibonsha. ISBN 4-582-43402-9.