Arquipélago dos Chonos
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Chile | |||
Rexión | Rexión de Aisén ![]() | |||
Xeografía | ||||
Bañado por | Océano Pacífico ![]() | |||
Altitude | 1.680 m ![]() | |||
O arquipélago dos Chonos é un arquipélago situado no océano Pacífico na rexión austral de Aisén Chile, ao sur do arquipélago das Guaitecas. Esténdese de norte ao sur ao longo de 120 millas cun ancho medio leste-oeste dunhas 30 a 40 millas, dende a parte sur das illas Guaitecas até a costa norte da península de Taitao. Debe o seu nome aos indíxenas chonos que poboaban estas illas en tempos do contacto cos europeos.
Esténdese de N-S ao redor de 193 km. de largo cun largo medio E-O duns 48 a 64 km., desde a parte sur das illas Guaitecas ata a costa norte da península de Taitao.
Debe o seu nome aos indíxenas chonos que poboaban estas illas en tempos do contacto cos europeos.
Introdución
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/98/Chonos.jpg/200px-Chonos.jpg)
Está conformado por máis de mil illas, grandes e pequenas, separadas do continente polo seu lado oriental polas canles Moraleda e Costa. As máis extensas na parte norte do arquipélago son as illas Chaffers, Ipún, Guamblín, Stokes, Benjamín, Cuptana e Tránsito na parte central as illas James, Melchor e Vitoria e na parte sur as illas, Luz, Clemente, Rivero, Traiguén e Humos entre moitas outras.
Este numeroso conxunto de illas forma varias canles lonxitudinais como son as canles Pérez Norte e Pérez Sur e as canles Errázuriz, Alanta Chaffers e Utarupa. Entre as canles transversais temos as canles Tuamapu, King, Ninualac, Darwin e Pulluche que unen o océano Pacífico coa canle Moraleda.
Administrativamente as súas illas pertencen á Provincia de Aisén da Rexión de Aisén do Xeneral Carlos Ibáñez del Campo. As illas non están permanentemente habitadas, pero no verán son frecuentadas por unha poboación flotante de madeireiros e pescadores procedentes do arquipélago de Chiloé.
Desde hai aproximadamente 6.000 anos as súas costas foron habitadas por indíxenas canoeiros, antecesores do pobo chono. A fins do século XVIII este pobo desaparecera.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O arquipélago dos Chonos esténdese desde a parte sur das illas Guaitecas ata a costa norte da península de Taitao, da cal está separado polo canle Pulluche, a boca Wickham e a baía Anna Pink. No seu eixe N-S mide aproximadamente 193 km. cun largo medio de 48 a 64 millas en dirección E-W.
Polo seu lado leste corren as canles Moraleda e Costa que o separan do continente. As illas do seu parte occidental están bañadas polas augas do océano Pacífico.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arquipélago dos Chonos ![]() |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Clima rexión Aisén Arquivado 06 de decembro de 2012 en Archive.is (en castelán)
- Directorio Mundial de illas (en castelán)